Carta para José Torregrosa

Benquerido amigo:

José TorregrosaO 30 de maio o Centro Cultural Torrente Ballester, na nosa cidade de Ferrol, estaba cheo até a bandeira. Ti e a túa novela “Abordajes: un relato cruel”, fúchedes que nos convocou.
Compartimos contigo a ledicia de ver publicada a obra que durante dous anos case obrigoute a estar illado. Mais, non comparto contigo as túas palabras de que escribir unha novela é un acto de soberbia. Non no teu caso.

Quen che coñece sabe moi ben da túa humildade, do teu compromiso coa sociedade; da túa, digámolo así “humidade”, xa quen está preto de ti empápase do teu carácter afable, garimoso. Ti si que es un dos bos e xenerosos dos que fala Castelao.

Cando me contan aquilo de “dime con quen andas, e direite quen es”, sempre recorro ao teu nome. So dende a túa humanidade pódese entender a túa visión da vida. Que sigas mantendo a esperanza doutro mundo que é posible. Que non gardes rencor a pesar do alto custe que tiveches que pagar por defende-la dignidade das persoas contra o franquismo.

Ti es moito máis cun amigo. Es un mito co nome propio de aqueles a raíz da represión do 10 de marzo, do chamado “Xuízo dos 23”. Represión que obrigoute a perde o teu traballo na redacción local da Voz dos 70, a padecer a tortura…

Non sabes canto lle agradezo a Rafael Pillado que en 1999 te chamara para fundar con nós Fuco Buxán. Nós… e Julio Aneiros. Lembras que foi na túa casa, falando os dous xurdiu o nome da nosa asociación. Aí coñecín eu por primeira vez “Carta para Fuco Buxán”, de Celso Emilio Ferreiro.

O 30 de maio a presentación da túa novela foi un acto propio dun escritor consagrado, a pesar de que só uns cantos a coñecíamos previamente. Pero, a ti tamén te avala o teu compromiso e todo o teu traballo a prol da cultura ferrolá. ¿Quen necesita maior garantía?
Estou seguro ca lectura agora lle permitirá á xente confirmalo. Por iso desde aquí recoméndoa.

Ademais, aínda que resulte presuntuoso pola parte que a min puidera me corresponder, ti es un dos mellores representantes do que poderíamos chamar a “Xeración Fuco Buxán”: compromiso e calidade.

Hai tamén, que engadir os parabéns a Edicións Embora pola magnífica edición, e ao compañeiro e artista Víctor G. Novás pola ilustración da portada do libro.

Un apunte final. Non sabes como te envexo. A túa capacidade de contar historias, esa capacidade de facer realidade unha andanza literaria.

Pero, para iso, como diría o amigo Ramón Loureiro hai que ter ansia de aventura como o corazón portugués ou cando menos, Merlín se preste a pasar o seu bastón máxico por riba da nosa cabeza.
Unha aperta e parabéns, José.

Máis fotos

Unha opinión sobre “Carta para José Torregrosa

  1. Benquerido Cendán: Ti tamén estás a escribir unha gran literatura. Esta literatura do novo século que ten unha das súas mellores canles de expresión nos blogs. Das conta do mundo, do mundo que non se para… O teu labor, non o dubides, transcenderá.
    Polo que respecta ao libro de Torregrosa, a verdade é que moi poucas obras se publican hoxe con esa calidade de prosa, co que Víctor (Freixanes) chama . Un amigo común -del, teu e meu- dicíame onte, tomando café, que lle parecía un libro moi , e é certo.
    Pero non é certo, tamén, que todo o barroco é un estoupido de vida, un florecer…?
    Almiral Mouchez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.