Hai sete meses preguntáballes se a dereita local declarara a guerra ás asociacións ferrolás desafectas co “réxime”. Esta fin de semana, o Diario adiantábanos a pretensión do Goberno municipal de cambiar os usos tradicionais do emblemático edificio do Ateneo Ferrolán, que xa antes da súa re-inauguración, vai quedar pequeno para aqueles inicialmente previstos.
José Manuel Rey Varela recibiu en herdanza un Concello saneado e con liquidez económica, malia as súas mentiras. Polo tanto, hai alternativas para as demais. O argumento da “crise” é unha trampa coa que pretende facer calar aos molestos.
É lamentable, ademais, a instrumentalización que o PP ferrolán fai das outras dúas entidades, ás que mete nun lio co obxectivo de entorpecer e impedir as actividades do Ateneo. Recapacite señor alcalde. Solidariedade co Ateneo Ferrolán. Van a por todos.
Enlace á columna “Letras de Cambio” (Diario de Ferrol)
Ademais é descoñecer por parte da corporación municipal a propia rehabilitación e espazos que haberá dentro do edificio. É inviable a convivencia!