Zapatero volve a deixar fóra de xogo á dereita. A estratexia desta última de converter as municipais e autonómicas do 22 de maio, nun plebiscito contra o primeiro agora resulta ridícula. Este xa ten data para se marchar, e os insultos e malas formas dos dirixentes do PP evidencian que foron sobrepasados polo Presidente. Agora, deberán reconsiderar toda a súa folla de ruta, sobre todo porque se por algo se diferencian da dereita centro europea é por non querer asumir riscos; especialmente, cando todos sabemos que non teñen políticas substancialmente diferentes das marcadas pola Sra. Merkel…
Eu creo, Manolo, que hai que inventar. ¿Viches a miña nova entrada na bitácora: http://ateo-poeta.blogspot.com/. Hai que inventar, non volver a Suresnes, as condicións hoxe nada teñen que ver. ¡Hoxe asfíxianos o gran capital, o seu dominio das materias primas e as ganancias e acumulación de riqueza dunhas poucas empresas a base de explotar cada vez máis duramente os traballadores. Hai que facer un cambio radical, iso si, sen ningún tipo de ditadura. O exemplo coma ben dis é Finlandia, non África.