Núñez Feijóo, tocado!

Hoxe é un mal día para o Presidente da Xunta de Galicia. A pesar de ser un día laborable, a pesar da presión mediática da dereita española, onte as rúas de Compostela estiveron ateigadas de xentes vida de todo o País, de todas as cores. Feijóo sabe que ten que rectificar co galego; reincidir no ataque ao País supón cuestionar a súa capacidade para dirixir o Goberno galego. Non hai Galicia sen galego. Non hai Goberno que resista contra o galego.

Claro que iso obrígalle a enfrontarse cos sectores máis carcas do PP español, con aqueles sectores que apoiándose nun mundo mediático de dereitas queren impor como única lingua oficial o castelán. A pretensión de inmersión lingüística en castelán, e a prohibición de facto das demais linguas españolas, queda fóra da Constitución e dos Estatutos de Autonomías das Nacionalidades Históricas; ademais, non deixa de ser un xeito de amosar o carácter separatista da dereita. Herdeiros históricos e histéricos de aqueles que expulsaron da unidade peninsular aos portugueses, agora parecen que non van parar até botarnos a galegos, vascos e cataláns.

España é a suma de todos os seus pobos e dos seus cidadáns, incluídas as persoas que veñen de fóra das nosas fronteiras, sexan estas europeas ou de alén. España é a suma das súas culturas e linguas.

Fuco Buxán estivo en Compostela, como parte desa babel de cores socio – culturais, políticas, sindicais, etc. Para pedirlle ao Presidente Feijóo que rectifique e volva ao campo democrático e de defensa desta cultura, deste País. De seguir facendo oídos xordos a sociedade galega terá dereito a abrir unha nova etapa política. Un Presidente que non exerce de galego debe dimitir e convocar eleccións para que os cidadáns teñan a oportunidade de reconducir a situación e pór ao fronte do País a quen si crea nel.

(Diario de Ferrol, 2 febreiro 2010)

3 thoughts on “Núñez Feijóo, tocado!

  1. no mesmo dia pola tarde semellaba que feijoo iba garantir o cumprimento do actual decreto para salvarnos da inmersión!! logo xa rectificou a rectificación!

    foi unha maña de xoves do mellor!

  2. HOME-TERRA-LINGUA-HISTORIA: SON UN POBO; non o esquezamos.

    Primeiro asfaltáronnos as costas (e aí estivemos, defendendoas), despois tocoulle á historia (pero aínda temos fresca a memoria) e, como non…, agora tócalle á lingua. Agardo que tamén esteamos áí, en pé!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s