Galeg@s somos

galegos somos - fucobuxan

Multitudinaria foi hai unhas horas a manifestación a prol do galego en Santiago, convocada pola Plataforma “Queremos Galego”. O PP e o Presidente Feijoó deben rectificar os seus ataques contra a lingua propia do País.

Unha marea de xentes de todas as coras políticas e dos movementos socio-culturais do País, dixéronlle ao Goberno da Xunta de Galicia que vai por mal camiño. Non se pode atacar a seña básica, a raíz do que somos, sen ter enfronte á sociedade galega e aos seus cidadáns. O PP debe voltar ao consenso lingüístico que rachou por facerlle as beiras aos ultras que queren que o idioma desapareza, e Galicia sexa monolingüe en castelán.

Ademais, é evidente que a manifestación de hoxe en Compostela – ante unha oposición que aínda non fixo a lectura correcta da derrota electoral das eleccións autonómicas do 1 de marzo – marca a liña a seguir fronte un PP ávido de desmantelar os dereitos dos cidadáns, non só no galego, senón nos servizos sociais, a sanidade e o ensino públicos; ávidos de reducir as liberdades colectivas, individuais e o minguado Estado de Benestar galego.

O espírito de “Nunca Máis” segue vivo, e que non se confundan no Partido Popular, gañar unhas eleccións non lle dá dereito para acabar coa base material e inmaterial da democracia. Sobre todo, cando esa vitoria descansa nunha Lei electoral que prima o voto por territorios sobre a propia poboación; foi a distribución provincial de escanos o que lle deu a maioría absoluta, os seus votos seguen a ser inferiores á suma de PSdeG – PSOE e BNG.

A Asociación Fuco Buxán tamén estivo en Compostela hoxe. A pancarta é a que encabeza este comentario. Intenta reflectir que a raíz dos galegos, de Galicia é o galego. Simple, pero sinxelo.

2 opinións sobre “Galeg@s somos

  1. A Coruña: O pleno decide hoxe o nome da cidade. Por favor, non nos manipulen. NINGÚN!!!

    Francisco Vázquez despediuse da súa cidade (A Coruña) poñéndolle un ramo de flores a María Pita mentres a banda municipal entonaba, a petición súa, o “La, la, la” de Massiel “en homenaxe a La Coruña” e a 23 anos de belixerancia contra os que defenderon o uso do topónimo oficial A Coruña.

    A utilización do idioma galego é un sinal de calidade e de integración social nos novos tempos. A utilización dun topónimo deturpado dá unha imaxe negativa e encasilla a cidade nun contexto reivindicativo fora de lugar e plenamente superado, tanto pola cidadanía Coruñesa como polas administracións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.