Teño nas miñas mans a primeira edición en galego (de xuño de 2009) do Manifesto Comunista de Marx e Engels, editada pola Fundación Federico Engels. Debe haber, cando menos, uns vinte anos que non facía unha relectura desta obra que é o certificado oficial de nacemento do movemento obreiro moderno.
Unha das virtudes desta edición galega radica en que vén acompañada dos prólogos da alemá de 1872, rusa de 1882, alemá de 1883, inglesa de 1888, alemá de1890, polaca de 1892 e italiana de 1893. Estas últimas cinco feitas só por Engels. A primeira edición española foi publicada no periódico “El Socialista” e posteriormente, a dirección do PSOE a difunde en folleto en 1885 (é dicir, seis anos despois da fundación do Partido por Pablo Iglesias). A esta edición súmase un limiar de Alan Woods, que aínda interesante necesita dunha actualización en algúns pasaxes. Este limiar é a tradución dun texto datado en 1996.
Tras o triunfo da Revolución Francesa de 1789 os antepasados da actual dereita política e económica emerxen como clase dominante e rechazan a instauración dun goberno que defenda os dereitos do pobo. De feito os inimigos da democracia defínense, en oposición a ela, como liberais.
Marx e Engels son a fusión entre a filosofía clásica alemá e a esquerda xacobina francesa. Considéranse polo tanto como a esquerda do movemento democrático. O propio Manifesto fala de como o primeiro paso é a elevación da clase traballadora a clase dominante para a conquista da democracia. Obviamente, estamos a falar dunha democracia extensa, de pleno significado e profunda praxe política.
Unha das persoas que farán en clave marxista unha defensa radical da democracia será a polaca – alemá Rosa Luxemburgo. Non hai que esquecer que será Federico Engels o fundador do Partido Socialdemócrata Alemán (SPD) e no limiar ao programa do partido alemán encontraredes un pasaxe que fala da importancia histórica que ten para os traballadores o exercicio consciente do seu voto nas eleccións políticas. Non cae no “parlamentarismo”, el aposta por combinar a acción electoral co traballo nos movementos sociais, especialmente co movemento obreiro, que segue a ser a base da transformación da sociedade, de esa máxima expresión da democracia que en términos clásicos chámase simplemente socialismo.
En fin, recoméndolles a todas as persoas con capacidade de análise crítico, sen sectarismos e que aposte por outro mundo que é posible, esta edición galega cós amigos do Militante teñen a ben espallar.