Onte, se non lembro mal foi o décimo séptimo día de folga xeral en Megasa Siderúrxica. Levamos trece meses sen convenio; as peticións dos traballadores son máis que razoables, sobre todo nunha empresa que hai pouco facturou vinte millóns de euros de beneficio neto. Basicamente, os traballadores piden achegarse ao convenio provincial – un acordo de mínimos, como sabedes – nas cuestións sociais… prexubilacións e contratos relevo, dous días de libre disposición, categorías profesionais, cen por cento en caso de accidente, plus por traballar os sábados e os domingos…
A empresa pretende aproveitar a situación social, para liquidar todo tipo de movemento obreiro organizado. Aínda que co dez por cento do que leva perdido coas folgas xa pagaba o convenio. E non contento con iso despide a dous traballadores, aos que practicamente os acusa de todo tipo de tropelías. Por se non abonda, cambiaron de bufete; agora teñen nada menos que aos de Garrigues Walker, que como sabedes un dos máis caros de España. Moitas molestias para combater a uns poucos traballadores.
Onte foi o xuízo polo despedimento do compañeiro Emilio, membro ademais do Comité de Folga, proximamente tocaralle ao compañeiro Alberto. A verdade que en isto dos xulgados úsase moito a Retórica. Trátase de adornar a palabras, de ser politicamente correcto para xogar ao mundo das aparencias. De iso, de demostrar do bo que é a Empresa, de que cumpre, de que faille un favor á sociedade, en especial á xente que contrata. E de se hai problemas, a culpa sempre é de quen morde a man que lle dá de comer. Como vedes, pouco cambiou o capitalismo dende hai tres séculos. Hai xente que aspira a degradar a democracia, até convertela na ditadura do capital.
Chámame a atención iso da igualdade ante a Lei. Como van ser iguais os traballadores que teñen unha relación laboral, e polo tanto, de dependencia co seu empresario? Pode un traballador contratar ao despacho de Garrigues Walker? Pode xogarse o seu posto de traballo? De que igualdade falamos?
Afortunadamente, hai dúas cousas a favor dos traballadores de Megasa: que son xustas as súas reivindicacións, e que o servizo xurídico da UGT de Ferrol, é dos mellores. A avogada do sindicato, Victoria, volveu a demostrar a súa gran competencia, e que por moito despacho madrileño con caché, Megasa ten a credibilidade que ten.
Confiemos na Xustiza, e na capacidade do xuíz que pronto resolverá este despido. Megasa: readmisión despedidos, e un convenio xusto!
Estimado Manolo: no sólo las agresiones de los empresarios, se ceban, con las justas reevindicaciones, sino, que con este sistema Capitalista, nos toca pelear con el entramado puesto a su disposición, justicia, policia y medios de comunicación.
Vivimos en un sistema, que mientras, no lo derroquemos, nos pasará esto. La democracia burguesa es un paripe. Los gobiernos que cada cuatro años, ponemos con nuestros votos, al final funcionan para los poderosos.Es lo que yo llamó: Estados Corporativos.
Ante la grave recesión que estamos sufriendo la clase obrera, es el momento, de presionar a nuestras organizaciones a unificar la lucha y decirles que basta ya. Querido Manolo, uno a uno, nos pueden, juntos venceremos. Huelga general.SALUD