Os traballadores de Megasa temos dignidade

Este sábado iníciase o novo ciclo de 10 días, distribuídos de aquí a fin de ano, de folga xeral en Megasa Siderúrxica, en Narón. O alcalde, co respaldo de todos os grupos políticos do concello, estivo intentando mediar no conflito, pero a Empresa segue no seu. Nunha espiral que xa veremos a onde nos vai levar. Por se alguén non o sabe no ano 2007 Megasa Siderúrxica S.L. tivo uns beneficios netos de 20 millóns de euros.

Pola fábrica circula a foto que podedes ver encabezando este post (farásevos máis grande pinchando nela). A lenda reflicte o sentir dos traballadores: “A resignación é un suicidio permanente. Os traballadores de Megasa, tamén, temos dignidade”. O da camiseta é Emilio, un dos xoves do Comité. A Empresa intenta machacar nel, non lle perdoan o seu compromiso.

Tamén, circula o artigo de Rafael Pillado, que publicou o Diario de Ferrol, onte. O podedes ler aí abaixo. En Radio Filispim, no programa de Fuco BuxánO Recuncho” (pincha aquí), podedes ver a entrevista que me fixeron sobre este conflito, ou ben podedes ler a entrevista que lle fixeron a César Fraga (presidente do comité e secretario xeral de MCA-UGT Megasa), no quincenal obreiro “El Militante” (pincha aquí).

A Empresa obrigaranos a chegar ao nadal sen convenio colectivo? Probablemente. Teñen un argumento contundente: 20 millóns de Euros.

O dereito a negociar un convenio razoable

Por Rafael Pillado (Publicado no Diario de Ferrol, 15 outubro 2008)

Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.

Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.

No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!

E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación. E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!

Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)

Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa? Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.

Temas:

1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída.

2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato!

3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente.

4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca.

5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”.

6.- Aplicación do IPC real e non o previsto.

7.- Un plus por traballar na fin de semana.

E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.

Por que se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. E están movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.

Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.

Unha opinión sobre “Os traballadores de Megasa temos dignidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.