Electores confusos

A dous meses das xerais do 2008 os fundamentalistas católicos encheron Madrid con máis de cento cincuenta mil manifestantes, contra o Goberno de Zapatero. Esta manifestación, que pretende acosar á España democrática, non é máis que unha mostra de que a dereita radical tomou as nosas rúas, que non están dispostos a perder a hexemonía e o control político, aínda que perdan as eleccións como así aconteceu hai catro anos co triunfo socialista. 

A isto súmase a confusión que desde a esquerda estase a vivir con esta fin de lexislatura, onde tras unha boa xestión progresista, produto do acordo básico dos socialistas con IU e as esquerdas dos nacionalismos, vense a  evidenciar, outra vez, que a dereita logra marcarlle a axenda ao Goberno, cando este último está a facer propostas electorais, especialmente nunha redución insolidaria de impostos, xunto co anuncio dun xiro ao “centro político”. ¿Anúnciase a implementación dunha política económico – social neoliberal, onde os traballadores e as capas máis modestas paguen, aínda máis, o tan cacarexado déficit cero e o axuste económico derivado deste modelo de construción europea, que de xeito ostensible está a reducir o noso nivel de vida, visible sobre todo, tras a entrada do euro?

Ademais, parece ser que determinados socialistas como Solbes, Bono, Vázquez e algún outro, non saben que España é un país situado á esquerda. De feito, hai máis de millón e medio de votantes, que discorformes con políticas económicas neoliberais  e considerando que Esquerda Unida non é unha alternativa, tende a optar pola abstención. Máis, o 14 de marzo de 2004 foron votar contra Aznar. O triunfo da dereita sempre estivo en que a esquerda quedara na casa.

Tamén, hai asentado un discurso que esconde a realidade social de España. É o famoso discurso das clases medias; que serve para ocultar que temos conflitos, produto dos diferentes e encontrados intereses de cada clase social.

Xogan, ademais, nesa nomenclatura con conceptos despectivos como “clase baixa”; incluso o concepto de “clase media” é traducido erroneamente por “xente corrente”. Pero, por se alguén ten dúbidas, para ser clase media hai que cumprir tres premisas: ter estudos universitarios, unha profesión liberal ou similar, e medios económicos para facer fronte ás inclemencias da vida. Senón se cumpren, utilizando esa mesma nomenclatura es “clase baixa”. Persoalmente, prefiro a tradicional de “clases traballadoras”, que realmente é o que se pretende ocultar. Aínda que sexamos moi maioritarios na sociedade española, non formamos parte do discurso dominante… máis existimos.

Sendo así, todo xiro ao centro político e non tendo asegurada a túa base social – xa que esta tende a castigarte coa abstención, ou cambiar en menor medida a outras opcións cercanas – o único que estás a conseguir é a facer confuso o teu propio discurso, cando non directamente a enfadar a unha boa parte do teu electorado. Resoan aquelas palabras de Indalecio Prieto que preguntado pola derrota da esquerda, respondía que era por imitar as políticas da dereita.

Se a isto lle sumamos que en Galicia, aínda que si é certo que os novos orzamentos da Xunta parecen querer abrir unha nova etapa máis social, choca cun discurso desde o bipartito bastante plano, asumindo acriticamente o submodelo clientelar do fraguismo, que fai que as súas herdanzas envelenadas (Reganosa, Monte Gaiás…) parezan ser intocables; e onde os representantes políticos do PSdeG – PSOE e do BNG, parecen se conformar con compartir fotos con empresarios do vello réxime de dubidosa traxectoria, que o único que fixeron foi manter a debilidade do noso tecido industrial. Todo apunta a que realmente, desde a esquerda gobernante, xogan a que lles votemos porque son menos malos ca dereita.

Pobre argumento. A estas alturas só fomenta o desencanto do electorado progresista. Abrindo así a posibilidade de que no Parlamento español poida haber un retroceso das diversas esquerdas, e facilitar un acordo das dereitas nacionalistas con Rajoy, aínda que o PSOE fose a lista maioritaria. Dito en prata, hai que mobilizar ao electorado de esquerdas para relanzar un goberno socialista en España con apoios de IU e do nacionalismo progresista.

Ler Artigo completo en Vieiros

Ler tradución ao español en Bitácora Café

Unha opinión sobre “Electores confusos

  1. Si es cierto tu análisis,pero le falta una reflexión.En las anteriores elecciones no es el deterioro normal de un gobierno el que lo lleva a perder las elecciones.concurren una serie de echos que llevan a polarizar a amplias capas de la socieddad y sobre todo de la clase obrera a perfilar la derrota del PP,llamese huelga general contra la reforma de Aznar,movilizaciones contra la guerra de Irak etc.Es en este contexto donde se va fraguando y es el estoque con la matanza terrorista del 11 de Marzo cuando culmina ese proceso.Los socialdemocratas en este proceso,una vez más,estuvieron ausentes.A raiz del hartazgo y de la culminacion de la mentiras del PP para no perder unas elecciones que consideraban ganadas,se encontrÓ el PSOE con el poder, no por sus méritos politicos.En las circunstancias politicas de hartazgo,el mal menor,se expreso en una concentración del voto abstencionista,mayoritario de izquierdas,un voto que suma a más de dos millones.Estando en el poder,el gobierno de Zapatero,resolvió su programa social en cuatro puntos,retirada de tropas de Irak,ley del matrimonio,de dependencia,es decir,que esta bien,pero una politica de izquierdas que no frusten las legitimas aspiraciones de la clase obrera na de na.Al llamado de la paz social,del sosiego y la convivencia,los dirigentes del PSOE,de IU y los sindicatos,han cedido la iniciativa politica al PP y su entramado politico-mediatico.¿Qué esperaban que girando al centro,la derecha y su base social,le perdonarian la vida?.Claro que no,la forma en que el PP fue derrotado no es secundaria,una cosa es perder unas elecciones por desgaste politico,crisis economica,por escandalos de corrupción y otra muy diferente ser desalojados por la movilización de masas.Dentro de un poco más de dos meses se celebrarán nuevas elecciones generales.Las prespectivas para las mismas es de empate técnico.Para intentar romper este equilibrio,los jefes de campaña del PSOE han diseñado una hoja de ruta hacia la moderación.En sus propias palabras,el gobierno y el PSOE deben transmitir mensajes de tranquilidad,seguridad y serenidad,con el objetivo de ganar al electorado desidologizado.Según estos expertos,esta es la forma de recuperar al electorado que se perdió en las elecciones autonomicas y municipales,en las que el PSOE perdió un millon de votos respecto a las generales de 2004.Desde ya podemos augurar que si se mantiene esta estrategia,la dirección del PSOE no sólo no logrará movilizar a los posibles dos millones de abstencionistas,si no que desmovilizará a su base social.Siguiendo con la tonica de estos cuatro últimos años,los responsables del PSOE piensan que a la derecha se les para haciendo politica de derechas.Este mismo esquema fue puesto en práctica en los gobiernos de Felipe Gonzalez y aquello terminó en el triunfo del PP y la pesadilla de ocho años de gobierno de Aznar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.