Eblogtv.es acaba de editar o seu documental (pincha aquí) titulado “Galicia”. Pretende ser unha visión plural da nova Galicia que xa emerxeu e que pula por mudar o país, adaptándose as novas realidades deste mundo globalizado.
Enrique Castro, promotor desta televisión por internet, que afunde as súas raíces na cultura dos blogs, introduce e fai de condutor do seu propio documental. De algún xeito, este catalán afincado en Compostela, ou este galego – catalán amosa a súa propia visión do noso país, para despois dar entrada a cinco entrevistas de xente diversa.
Estas persoas son: Natalia Fernández, da Fundación Granell; Xosé Antonio Gómez, secretario xeral de UGT Galicia; Teresa Banet, arquitecta e urbanista; Marcus Fernández, editor de Código Cero; e quen subscribe, este comentario. Obviamente, non pode ser un documental exhaustivo. Pero, si que serve para romper moitos tópicos sobre nós os galegos. Aínda que si é certo que o documental sufriu cambios desde a idea orixinal, algo normal, xa que unha cousa é o que queres facer e outra o resultado final. Máis creo, sinceramente, que ten moito interese. Rompe coa visión “folclórica” ou mirada “cara a dentro”, que soe darse da nosa terra e das nosas xentes. Estamos no mundo.
Os argumentos mencionados son variopintos; desde a actividade cultural, pasando pola situación da Galicia industrial ou desa Galicia das novas tecnoloxías, e unha moi interesante reflexión sobre o urbanismo, e a calidade de vida que nos prestan as nosas vivendas e a nosa cultura urbanista. Pola miña parte queda a reivindicación da Galicia traballadora, das cidades de Ferrol e Vigo, na consecución da España democrática e autonómica; do carácter estratéxico de Galicia como ponte entre o mundos hispano e luso.
Espero que vos guste. Parabéns (e grazas) a Enrique e a Eblogtv.
Manuel:
con un pouco de retraso ( ando coma sempre, moi liado) moitas grazas polas tuas verbas. A verdade es que tiña un compromiso con os que colaborasteis na procura deste documental. A verdade es que non está rematado, huberame gustado que falase moita mais xente, pero non foi posible.
Hai un certo medo aos medios de comunicación na Rede. Existe unha especie de temor infundado de que todo o que publicamos é contrario a imaxe que os medios tradicionais publican. Nada máis lonxe da realidade. Procurei de que todas as persoas foran elas mesmas.
En canto a clase política galega, foi unha verdadeira lastima. Pero tamén digo que tampouco vou a perder moito tempo con eles, mais do que perdin.
O resultado é que EblogTV sendo unha empresa galega, feita por un catalán coma eu, estase consolidando con clientes fora de Galicia ou Galiza ( dame igual ) é o curioso do asunto, tal e como falaba Marcus na sua entrevista, seguimos mirando fora de Galicia, e ao mellor, o mellor de nos mesmos estea na nosa propia casa.
As institucions, tanto políticas, coma sociais, culturáis etc…seguen sen mirar a nos mesmos. Galicia precisa de mirarse un pouco a si mesma.
Conclusión, EblogTV con todalas dificultades que tivo, hoxe funciona dunha forma normal, con bos resultados. Non estou “chorando”, todo lo contrario, pero e moito máis rentable, económico, efectivo facer empresa fora de Galicia, que dentro dela. A promesa da “Galicia emprendedora” hoxe sigue sendo unha utopía.
Unha auténtica lastima…pero non se pode ser sentimental no mundo da empresa, a pesar das vinculacions persoais que teño con esta terra que quero sinceramente.
Unha aperta, e disculpade o meu léxico galego. Espero que os teus lectores o comprendan.