Xoán Gato á dereita

Os resultados das eleccións municipais do 27 de maio presentaban para Narón un panorama moi interesante, tras a perda da maioría absoluta de Xoán Gato; especialmente cando, en principio, obrigábanlle a mudar as formas políticas a prol dun diálogo permanente cos restantes grupos políticos.

O alcalde naronés, evidentemente, non ten as cualidades políticas nin o talante de Zapatero, e ante a perspectiva dun goberno sen maioría absoluta acaba de pactar co PP. É certo que moitos considerábamos como opción máis razoable a posibilidade dun goberno en minoría con apoio externo do grupo socialista.

Tamén é certo que isto foi inviable polo erro do alcalde de pretender interferir na renovación dos socialistas naroneses, xa desde o anterior mandato municipal. Aínda que iso non xustifica a torpe estratexia de “todos contra Gato”, que inicialmente parecíase abrir tras o resultado electoral último.

Así Ángeles Díaz, voceira do PP, emerxe con forza desta crise de liderazgo que visualizaba a un alcalde empantanado. E non podendo ser alcaldesa cun pacto tripartito “contra natura”, agora é tenente alcalde con Terra Galega.

A pesar do que poida parecer, pola contundencia da suma dos concelleiros/as de TEGA e PP fronte ao PSOE e BNG (15 contra 6), a política naronesa ten portas abertas que poden traer novos tempos.

¿Estamos ante o fin de ciclo político de Xoán Gato, que procedente da esquerda do nacionalismo configura unha nova opción política máis preto da dereita e pacta co PP? ¿Que din aqueles sectores de TEGA procedentes da antiga Esquerda Galega ante os resultados electorais e o actual pacto municipal nun concello de esquerdas como Narón?

¿Superará o PP o maleficio que di que quen comparte goberno con Xoán Gato, son devorados por el? ¿A aposta da UPG por Villamar como Vicepresidente da Deputación abondará para reforzar a súa candidatura á alcaldía?

¿O conxunto dos militantes socialistas en Narón serán capaces de sumar esforzos, profundar na renovación e crear tecido social, logrando así, definitivamente, non ser fagocitados polo alcalde, que segue a aparvar a algún utilitarista foráneo que profesa un seudo socialismo de oportunidade?

A partida en Narón está moi aberta, xa que todos teñen cartas que poden xogar. 

A priori, que ten máis que perder é Xoán Gato, o seu pasado non lle garantiza o futuro político. A UPG xógase moito apostando por Villamar, sobre todo, tras os resultados do BNG na cidade de Ferrol. O PP aspira a rescatar nas municipais esa parte de voto que sendo de dereitas vai a Xoán Gato. E outro tanto pásalle ao PSOE, que ten o maior transvase de votos a favor do alcalde, e polo tanto, os socialistas obxectivamente poden se converter nunha forza central que mude a política local naronesa.

É dicir, depende non só da xestión municipal, que se presenta continuísta tras o pacto TEGA – PP, senón da capacidade da oposición de non quedarse pechados nos seus despachos; de traballar cos movementos sociais e de propoñer alternativas en favor da ordenación do urbanismo e un Narón sostible, en contra da especulación e o encarecemento da vivenda; a prol duns orzamentos con proxección social e de emprego; de participar nas loitas sociais contra Reganosa; en favor da mellora e ampliación dos dereitos dos veciños, dos servizos sociais e melloras substanciais nos servizos privatizados que algún día deberan plantexarse volver a estar baixo o control do propio Concello…

En fin, a pesar de todo, a terra que temos baixo nós, móvese tamén en Narón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s