Extravagancias ferrolás

Ser “posmodernos” lévanos a situacións extravagantes como a do PP ferrolán, que do alcalde din: “Non é un rexedor remunicipalizador, senón que privatizador”. Rebasando pola esquerda a calquera das persoas que hoxe son críticas con el. É de supoñer que esta achega da dereita local vén influída pola señora Andrea Levy que catalogaba ao seu partido de “revolucionario”. E de aí a Chernóbil hai un mundo.

Non vou ser eu quen defenda a débil xestión municipal, pero cando un excede a lóxica da cidadanía acaba por provocar a reacción contraria. Máis nun mes de relativa calma, onde ao equipo de comunicación do goberno non lle vai mal, as actividades vinculadas ao lecer e o turismo ocupan unha boa parte e anúncianse importantes investimentos para avanzar na rehabilitación dos nosos barrios históricos, cuestión esta última chocante cando estamos á espera do borrador do novo Orzamento Municipal.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/manuel-cedan/extravagancias-ferrolas/20170817000038199528.html