CONCENTRACION – MANIFESTACIÓN
Contra entrada do gaseiro nº 31 en Reganosa
Venres, 26 de Setembro, ás 20 horas.
Ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García – Praza de España, en Ferrol.
Enlace á páxina do Comité Cidadán de Emerxencia.
CONCENTRACION – MANIFESTACIÓN
Contra entrada do gaseiro nº 31 en Reganosa
Venres, 26 de Setembro, ás 20 horas.
Ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García – Praza de España, en Ferrol.
Enlace á páxina do Comité Cidadán de Emerxencia.
Este martes o exército de Israel asasinaba a un neno palestino de nove anos. A desculpa era unha protesta contra o ilegal Muro que converte os territorios ocupados no maior campo de concentración da historia da Humanidade.
Non hai moito os soldados israelís detiveron ao pai da nena palestina que gravou os abusos militares contra un palestino, que participaba noutra protesta contra a ocupación. En Israel preocúpalles que se difundan imaxes do que están a facer. O vídeo o podedes ver arriba.
Así mesmo, o Goberno de Israel ordena aos seus dirixentes e militares que non veñan a España. Non vaia ser que os deteñan por crimes de lesa humanidade.
Israel foi o produto final do pacto entre o movemento sionista e a Potencia Colonial Británica de principios do século vinte, e que despois da Segunda Guerra Mundial acabou por cristalizar. A pretensión dos Británicos era introducir a unha poboación foránea co obxectivo de romper a unidade e uniformidade da poboación autóctona palestina.
Curiosamente, Israel pretende asentar a súa suposta autoridade moral e política en dous discursos antisemitas. Pretender que este estado colonial ten a súa orixe no exterminio dos seis millóns de xudeus nos campos nazis é unha ofensa á súa memoria. Así mesmo, o xenocidio que practican contra outro pobo semita como o palestino.
Aquí, por estrañas razóns, pechamos os ollos á realidade da ocupación israelí. Que diferenza hai entre Radovan Karadzic
e os dirixentes do Estado de Israel? Tras a partición en dúas do territorio palestino polas Nacións Unidas en 1948, as aldeas palestinas que quedaron baixo a bandeira de Israel foron masacradas. Os soldados israelís usaban a violencia indiscriminada contra a poboación civil desarmada, chegaron incluso a usar a violación sistemática de nenas e mulleres palestinas como instrumento para a limpeza étnica.
Ademais, pode haber democracia nun estado que ten a guerra como xeito permanente de vida? Que discrimina aos seus nacionais en función da súa orixe étnica ou filiación política? A millón e medio de palestinos se lles nega a súa identidade e se lles chama árabes – israelís, teñen prohibido os partidos que reclamen a súa palestinidade, ou o reagrupamento familiar cos que viven fóra das fronteiras actuais de Israel. Pero, tamén, se es israelita e non compartes a política de apartheid interno ou de limpeza étnica en Gaza e Cisxordania se te pode retirar a nacionalidade. Hai centos de menores palestinos en cárceres de Israel por tirar pedras contra os tanques do exército ocupante.
Todo isto para asegurar o dominio do lobby relixioso – militar sobre a poboación israelita. Tan só ducia e media de familias xudías controlan a metade da riqueza do país.
Todo para romper a unidade dese pobo árabe que vai desde o Atlántico á fronteira con Irán, e así controlar as súa reservas de gas e petróleo. Seguimos noutra fase do colonialismo.
Palestina leva sesenta anos reclamándonos unha soa cousa: protección.
Onte presentamos o número 24 da revista semestral “Razón Socialista”, editada desde o ano 1999 pola Asociación Cultural Fuco Buxán. O primeiro número chegou ás rúas o Primeiro de Maio de 1995.
Razón Socialista naceu inicialmente da man de militantes socialistas descontentos co acontecer interno do PSdeG – PSOE, para máis tarde ampliar ese grupo inicial a outras xentes do conxunto da esquerda ferrolá e que deu lugar a unha atípica agrupación socio – cultural como Fuco Buxán, hoxe cunha gran pluralidade interna, tanto política, como sindical, e que ten como obxectivo común a rexeneración da esquerda e a transformación da sociedade desde postulados progresistas e galeguistas.
E iso, tamén vese nas páxinas da revista. Agora, xa a podedes baixar en formato pdf, ou ben pedila en formato papel á propia asociación cultural.
Quizais, a portada deste número 24 sexan unha das máis impactantes. Tras o edificio derrubado da rúa Madalena, vese ao fondo a Casa do Concello de Ferrol. Na portada, tamén se destacan, entre outras, as firmas de Santiago Carrillo, do Presidente asturiano Álvarez Areces, do sempre amigo Jordi Pedret, e do tamén amigo, Xosé Manuel Sarille, fundador da Mesa pola Normalización Lingüística.
Na presentación de hoxe, a intervención destacada foi a de Aitor Bouza Manso,da Asociación Xuvenil “Aprende a escoitar”, o seu artigo “Os mozos e as mozas tamén sabemos escoitar” o atoparedes na páxina 28. É este un colectivo do IES Carvalho Calero do barrio de Caranza, que están a traballar con xente maior, buscando nexos para que estes últimos sintan que aínda son importantes, e útiles de seu e para o conxunto da sociedade. Recoméndovos que visitedes a súa páxina, para coñecelos mellor; así mesmo déixovos cun vídeo do traballo social que están a desenvolver.
É difícil non recomendar todos os artigos deste número. Desde a entrevista ao alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, á que se lle fai a Victoria Fernández; desde a cuestión chilena á palestina; da situación da nosa lingua á situación da policía local ferrolá… Quizais – mira que é difícil optar – me paro nos artigos de Pedret, sobre a desaparición da esquerda italiana; ou no artigo de Lucía Albor, que propón o superporto Ártabros como solución ao conflito de Reganosa. Quizais, sexan máis novedosos polo xeito de enfocar estes asuntos.
En fin, pinchade aquí, e baixar e difundide este novo número 24 de Razón Socialista.