O PP, non atopa o seu sitio na democracia española

Quizáis, a velocidade nos disparates desta dereita radical que segue sen aceptalos resultados electorais do 14 M, non nos deixen vela secuencia de todo o que está a pasar na vida política española.

O PP non atopa o seu sitioA historia

Estes dirixentes do PP, non nos “perdoaron” aos españois a nosa aposta pola Democracia, e tras unha operación de acoso e derribo contra Felipe González, tiveron os seus anos “gloriosos” con Aznar. Fundamentalmente, os catro últimos, onde coa súa maioría absoluta pretendían facer un vaciado da Constitución e das Autonomías.

Hoxe, o seu enemigo a batir é un Presidente elixido democraticamente, José Luís Rodríguez Zapatero. O PP segue sen aceptalos resultados electorais, e é evidente cos sectores máis centrados, non son capaces de levar a este partido hacia posicións moderadas e centristas. Queda preguntarlle aos seus militantes e votantes se se consideran ben representados por un PP controlado por elementos extremistas e sectas ultracatólicas, que non teñen pudor en aparecer conxuntamente cos grupos violentos da ultradereita, chegando a unha repugnante manipulación da dor e das vítimas de ETA, cando éstas últimas deberan estar á marxe da disputa partidaria, ao ser un patrimonio moral de todos os españois.

Os actuais dirixentes do PP están utilizando todos os seus apoios mediáticos, xudiciais, relixiosos, militares, e incluso dentro do Consello de Estado. Buscan un país cunha democracia de baixa intensidade, onde os seus privilexios e os seus intereses non se vexan afectados polo voto cidadán.

A rebelión do PP, contra as reglas democráticas, está danando seriamente a convivencia en España, o seu proceder alimenta tanto aos grupos violentos da extrema dereita, como á propia ETA. España merece unha dereita mellor.

Desde posicionamentos da esquerda progresista, debemos reclamar a atención do conxunto dos cidadáns; de todos os partidos democráticos do Estado español; do conxunto do movemento asociativo, e todos xuntos defendela convivencia cidadá e a calidade da nosa democracia.

¡É responsabilidade de todos defendela nosa sociedade democrática fronte aos abusos do PP!

Post Colectivo RBS

En español

O Goberno español toma medidas contra o amianto

Hoxe no telexornal de TVE 1, saía unha noticia que reflectía a problemática do amianto en España. A orixe está nunha pregunta parlamentaria do BNG, onde o Goberno daba unha resposta en camiño de suprimir o amianto no país e paliar no posible os seus efectos sobre a saúde.

Cartel 4-7-2001As imaxes e as entrevistas que emitían desde a televisión pública eran tomadas en Ferrol. Van seis anos desde ca Asociación Fuco Buxán iniciara a campaña contra o uso do amianto e reclamando medidas sanitarias e sociais contra a súa enfermidade o asbestos. Lembro que esta foi unha iniciativa de Rafael Pillado, un referente tanto histórico como actual na loita pola transformación democrática da sociedade.

Rafael, coma unha boa parte dos traballadores da antiga Bazán, hoxe Navantia Ferrol, vive nun edificio da propia cooperativa destes traballadores. Foi el, sempre atento ás cuestións sociais, quen visualizou as, ata entón mortes silenciadas dos traballadores da Bazán polo asbestos, transformándoa nunha cuestión de primeira orde na comarca. E que despois, tivo tanto eco no Estado. Hoxe o que se avanzou neste campo ten moito que ver coa mobilización social en Ferrolterra. Salientar, tamén, a inestimable axuda do doutor Carlos Piñeiro, o seu compromiso, a súa entrega, tamén foi, e sigue sendo un dos baluartes desta loita.

Desde Fuco Buxán fixemos as primeira xornadas o 4 de xullo do 2001, no Centro Cultural Carballo Calero en Ferrol. O acto presentado polo propio Pillado, contaba ademais, coa presenza de Piñeiro, de Carlos Cárcoba (do Gabinete estatal de saúde laboral de CC.OO.), e con representantes locais do conxunto do movemento sindical.

Lembro, aínda as acusacións de “determinadas persoas” que nos acusaban de causar “alarma social”. Pero, o certo é que máis de vinte mil traballadores desta comarca están afectados en maior ou menor medida, a maior bolsa de afectados de Europa. Moitos morreran nos vindeiros anos. Merecen un tratamento médico e social adecuado, eles e as súas familias.

Quizais, o traballo desenvolvido neste eido é dos un que máis orgullosos estamos en Fuco Buxán. Sabíamos perfectamente que o problema superaba a nosa capacidade, que non podíamos dedicarnos, como este asunto require, de xeito adecuado. Por iso, apostamos porque os propios afectados se organizaran. Daquela inquedanza xurdiu a Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA), hoxe integrada a nivel estatal en AVIDA, e que están a desenvolver un papel fundamental na defensa dos dereitos dos afectados. O conxunto das Administracións deben aumentalo interese  e os medios neste asunto. Está claro que o require.

Parabéns, AGAVIDA.

ETA DISOLUCIÓN

Levo todo o día pegado aos medios de comunicación. Primeiro foi a estúpida execución de Sadam Hussein e desde as nove da mañá é o novo atentado de ETA. A estas horas aínda nada se sabe das dúas persoas desaparecidas baixo os entullos da Terminal 4 de Barajas. Miña solidariedade con elas e as súas familias.

Evidentemente, ETA deixa fóra de xogo o proceso de Paz. Rompe a tregua indefinida que eles mesmos proclamaron hai nove meses. Polo tanto, son os únicos culpables do que está a acontecer e poida acontecer no futuro.

Pero, estamos na situación que desde o PP querían. Ruptura do proceso de fin dialogado que debía conducir á disolución de ETA. Para mañá o sr. Alcaraz, portavoz da AVT, xa ten convocada, desde pouco despois do atentando etarra, unha manifestación en Madrid. ¿Será esta unha ocasión para que o PP e o seu principal mentor ante as víctimas manifesten o seu rexeitamento fronte a ETA, e a súa adhesión ó Goberno de España? ¿Ou unha vez máis ETA pasará a un segundo plano, e amosaran, de xeito radical o seu odio a un Goberno democrático?

Pobre Otegui. As súas palabras amosan que non entende nada. Eles son o prezo político que ETA está disposta a pagar por continuar tutelando a vida política vasca e enturbiando a española. Sen proceso de Paz, sen disolución de ETA, Batasuna non poderá concurrir por segunda vez a unhas eleccións no País Vasco. Ningún partido pode existir en democracia sen concurrir ás eleccións, sen ter representación institucional, sen participar na vida política. ¿Cando tempo tardarán os seus electores en buscar un novo referente político? ¿Quen serán os beneficiarios do travase de votos… EAHK, Aralar, EA, PNV…?

ETA non quere entender que xa son pasado. Probablemente, creron que coa actitude dos actuais dirixentes do PP, tiñan unha posibilidade de botarlle un pulso ao goberno. Que podían sacar tallada política. E desde o PP creron que podían poñer de xeonllos ao Goberno se fracasaba o proceso. Grave erro por parte dos dous.

Neste país se pode entender as dificultades dos sucesivos gobernos na súa loita contra o terrorismo. Pero, non se pode entender a deslealdade do principal partido da Oposición.

Os españois esperamos cas distintas forzas políticas democráticas respalden ao Goberno Zapatero. É de sentido común.

De principio a fin: ETA disolución.

En español

Entesa i Progrés

Cataluña, a pesar de diversos grupos de presión política, económica e mediática, terá un Goberno progresista de esquerdas. Queda fóra a posibilidade dun xiro á dereita na política catalana, pero a crispación que esta decisión, plenamente democrática e lícita, ca maioría numérica dos deputados electos do Parlament van tomar, debera facernos unha reflexión sobre a saúde do noso sistema parlamentario. ¿É lícito, e democraticamente sostible que CiU con tan só o 31,52% dos votos, pretenda dicir que lle roubaron o goberno, cando para que iso fora así necesitaría a metade máis un dos votos?

Quizais, algúns, non queiran saber que nun sistema democrático e parlamentario como o noso, non só hai que ser a lista máis votada, senón que ten que ter capacidade de sumar ao acordo a unha maioría parlamentaria que reflicta unha maioría social.

Isto non acontece porque somos vicarios dun sistema bipartidista imperfecto que se impuxo tras a vitoria de Felipe González en 1982. Hoxe, tamén, vemos outra das súas eivas; ese bipartidismo imperfecto trouxo en España o aglutinar arredor do PP á maioría do voto de centrodereita, moi radicalizado tras o paso de Aznar. Para os intereses españois, incluídos os do PSOE, houbera sido moito mellor a permanencia do CDS de Suárez e do PCE eurocomunista de Santiago Carrillo. Non teríamos a crispación incitada pola dereita radical e o diálogo e os acordos formarían parte da nosa cultura política.

Volvendo a Cataluña, entendo perfectamente ao PSC. A pesar dos erros do pasado, a pesar do bloqueo e o barullo de algúns que lle piden que renuncie a facer política a prol de CiU, ¿é que tiñan outra opción? ¿Hai alguén no PSOE que diga que un goberno de esquerdas encabezado por un socialista, ademais “inmigrante”, non é bo para Cataluña? ¿Hai alguén, no campo progresista, que diga que un goberno catalán de esquerdas non é bo para España?

Pero, o máis salientable das autonómicas catalanas, é a marxinación e inutilidade do PP como opción política e que lle saíu un duro competidor pola dereita: “Ciutadans de Catalunya”, unha formación populista – liberal, cuxo maior éxito foi reelaboralo nacionalismo español dun xeito “postmoderno”, sen reivindicalo franquismo, e que lle permite recoller votos de incautos da esquerda. Este fenómeno, apoiado polos “radiopredicadores”, tamén debera facer reflexionar a aqueles “baróns socialistas” que alegremente se sumaron como coristas da dereita, facendo aparecer ao PSC máis como un grupo nacionalista, que como un partido da esquerda socialista e catalanista.

Algúns, aínda lembramos que cando se tiña que ter apostado polo tripartito galego do socialista González Laxe, este non tivo os apoios necesarios porque viña ben para o bipartidismo imperfecto que Fraga fora Presidente da Xunta de Galicia. E abofé ca esquerda e o conxunto dos cidadáns, en Galicia pagamos unha onerosa factura.

Non quero deixar de mencionar ao verdadeiro triunfador das eleccións catalanas. Porque, se por algo se caracteriza Cataluña desde o inicio do camiño do novo Estatut hasta estas eleccións autonómicas, é que foi unha viaxe de Pascual a Maragall. Sendo o artífice do primeiro goberno de esquerdas catalán, é o President do novo Estatut que alumbra ao novo goberno catalán.

As eleccións catalás tamén teñen lectura en Galicia: A autonomía do PSC reforza a autonomía do propio PSOE galego, así como que nas dúas comunidades históricas haxa gobernos progresistas de coalición; mais, no BNG teñen difícil manter o seu apoio a CiU, sumado a que cando menos é esta unha “curiosa” forma de ser de esquerdas. E Feijoó sabe que ten que desmarcarse das directrices da dirección nacional do PP, senón quere acabar sendo un líder de curto prazo.

Son optimista, e confío nunha influencia positiva na política española, que é certo que non necesita mirar á súa dereita. Fronte a erros como o finanzamento da Igrexa católica, a asignatura de relixión ou a descafeinada Lei da Memoria Histórica democrática, Zapatero e os españois, necesitamos profundar nas políticas reformistas e de esquerdas.

En español