Esta semana pasada foi moi complicada para Fuco Buxán. O mércores 22 presentamos o número 21 da revista Razón Socialista; o xoves 23 tivemos un concerto da Coral Polifónica Eumesa no C.C. Carballo Calero; e finalmente, o venres 24, presentamos as memorias do Xeneral Vicente Rojo, feitas polo seu neto e periodista de El País, José Andrés. Debido ás inundacións na sala que tíñamos previsto, esta presentación fíxose no Edificio de Usos Múltiples da Praza de España, en Ferrol.
Este martes 28, ás 20 horas, presentaremos, na Galería Sargadelos de Ferrol, 10 curtas feitas por movementos de mulleres, que tratan de diversas problemáticas sociais, desde a perspectiva desas propias mulleres.
10 curtas de Bélxica, Bolivia, Colombia, España, Francia, Malí e Venezuela. Esta é unha iniciativa que facemos conxuntamente coa ONG ACSUR Las Segovias. Virá desde Madrid, Miguel Romero Baeza, Coordinador de Comunicación e Estudios desta ONG. Un especialista en medios de comunicación alternativos e tamén, un participante en diversas reunións do Foro Social Mundial (Porto Alegre, Florencia, París, Caracas). Así como articulista en revistas internacionais como Sin Permiso ou Viento Sur.
Esta iniciativa conxunta de ACSUR e Fuco Buxán, está englobada no Noticiario Internacional de Barrio. Un proxecto de comunicación local, asociativo e alternativo, basado na produción dun noticiario de televisión bimensual. Programas documentais elaborados polos propios protagonistas, co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía e as organizacións sociais para afortalar o tecido social de base e o intercambio de experiencias.
Lembrade: este martes 28 de novembro, Proxección de 10 curtametraxes feitas por mulleres en Sargadelos Ferrol, ás 20 horas. Organizan: Fuco Buxán e ACSUR. Entrada Libre.
… (Por certo, presentarei eu o acto en nome de Fuco Buxán).
ión Cultural Fuco Buxán está a levar a cabo, a preparación dunha homenaxe ao seu socio de honra ISAAC DÍAZ PARDO, co fin de agradecerlle, nun gran acto público contando coa representación das Institucións políticas, sociais, económicas e culturais a súa xenerosidade e entrega de toda unha vida ao servizo das causas máis nobres de Galicia.
Novás como xa sabedes é o autor, tamén da ilustración que leva de portada a novela Abordajes, editada por Edicións Embora, cuxo autor e
Na primavera chegou a min un exemplar da separata e con edición numerada de A Galicia do Norte, Terceira Bretaña de Ramón Loureiro, da colección de Cadernos de Grial /
Esa Terceira Bretaña máxica que empezaría na desembocadura do Eume, e recorrendo todo o nordés, chegaría á desembocadura do río Éo, en Asturias. Unha Galicia do Norte que mentres manteña as súas raíces máxicas, seguirá tendo unha visión do mundo, e polo tanto algo que dicir, sobre todo agora neste mundo convertido en aldea global. Se nos sacan os soños, sácannos vivir o presente e poder debuxa-lo futuro.
O número vinte da revista “Razón Socialista” xa está na rúa. Esta revista nacida en 1995, e que desde 1999 é editada pola Asociación Fuco Buxán, foi presentada este martes na Galería Sargadelos de Ferrol.