28 de novembro: Proxección de 10 curtametraxes feitas por mulleres en Sargadelos Ferrol

Esta semana pasada foi moi complicada para Fuco Buxán. O mércores 22 presentamos o número 21 da revista “Razón Socialista”; o xoves 23 tivemos un concerto da Coral Polifónica Eumesa no C.C. Carballo Calero; e finalmente, o venres 24, presentamos as memorias do Xeneral Vicente Rojo, feitas polo seu neto e periodista de “El País”, José Andrés. Debido ás inundacións na sala que tíñamos previsto, esta presentación fíxose no Edificio de Usos Múltiples da Praza de España, en Ferrol.

Este martes 28, ás 20 horas, presentaremos, na Galería Sargadelos de Ferrol, 10 curtas feitas por movementos de mulleres, que tratan de diversas problemáticas sociais, desde a perspectiva desas propias mulleres.

10 curtas de Bélxica, Bolivia, Colombia, España, Francia, Malí e Venezuela. Esta é unha iniciativa que facemos conxuntamente coa ONG “ACSUR – Las Segovias”. Virá desde Madrid, Miguel Romero Baeza, Coordinador de Comunicación e Estudios desta ONG. Un especialista en medios de comunicación alternativos e tamén, un participante en diversas reunións do Foro Social Mundial (Porto Alegre, Florencia, París, Caracas). Así como articulista en revistas internacionais como “Sin Permiso” ou “Viento Sur”.

Esta iniciativa conxunta de ACSUR e Fuco Buxán, está englobada no Noticiario Internacional de Barrio. Un proxecto de comunicación local, asociativo e alternativo, basado na produción dun “noticiario” de televisión bimensual. Programas documentais elaborados polos propios protagonistas, co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía e as organizacións sociais para afortalar o tecido social de base e o intercambio de experiencias.

Lembrade: este martes 28 de novembro, Proxección de 10 curtametraxes feitas por mulleres en Sargadelos Ferrol, ás 20 horas. Organizan: Fuco Buxán e ACSUR. Entrada Libre.

… (Por certo, presentarei eu o acto en nome de Fuco Buxán).

2 opinións sobre “28 de novembro: Proxección de 10 curtametraxes feitas por mulleres en Sargadelos Ferrol

  1. Un saúdo,M.Cendan, sinto moito non poder asistir,porque me parece un tema moi interesante,e aínda mais, por ser organizado e presentado por homes,unha maneira moi positiva de demostrar que no partido socialista se avanza e se aplica a Ley de igualdade entre homes e mulleres.unha aperta

  2. Agradezo o teu comentario. Obviamente, é difícil disociar a miña militancia socialista de todo o que fago, máis Fuco Buxán é unha asociación cultural de esquerdas, pero é apartidista.
    A miña presentación deste acto está en función de ser un dos seus directivos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.