Catalina García marcou a nova etapa na estrea de Xosé Manuel Blanco como alcalde, recoñecendo entón que as relacións, entre eles e Terra Galega, obviamente ían cambiar tras a marcha de Xoán Gato. Agora, coa abstención do PSdeG, acaban de aprobar os orzamentos do Concello.
As vindeiras municipais – á espera de saber se a crise económica e as renuncias do Goberno socialista son un lastre o 22 de maio – tiñan que representar para os socialistas naroneses unha suba que cando menos lles supuxera completar o seu teito electoral.
Un Narón incardinado nas actuais estruturas de poder, a través dun partido como o socialista, traería a reasignación das influenzas que lle foron negadas por ser liderado por unha forza localista. Obrigaría a todos os partidos galegos a facer – por unha vez – a aposta decidida por un concello que, cunha enorme potencialidade, pode ser determinante na política galega.
Resultan salientables unha TEGA que teme a sombra dun Xoán Gato que lle reste cunha hipotética lista. Así como un Feijóo que vén avalar a un candidato imposto como Santiago Boullón, fronte a aspirante Ángeles Díaz e unha Natalia Barros “aínda por descubrir”. Todo isto apunta a unha dereita na oposición.
Teremos o necesario pacto postelectoral entre TEGA e o PSdeG? Conténtanse no BNG local con seguir sen ambición de goberno ou sumarán? Narón necesita ocupar o lugar que lle corresponde na política galega. E Ferrolterra, moito máis.
Ler artigo completo no Diario de Ferrol.