Por Vicente Rivas
Secretario do Comité de Empresa por UGT
Tras 16 meses de negociación do Convenio Colectivo, os traballadores de Megasa, a siderúrxica galega, asentada no Concello de Narón, seguen sen poder subscribir un convenio, debido á postura da Dirección, encaprichada en que os traballadores hipotequen os seus dereitos coa firma dun convenio de aspectos sociais regresivos, con unha única desculpa; a crise.
A parte económica atrasou de maneira deliberada a negociación os primeiros meses do ano 2008, cando os resultados económicos da empresa presentaban un dos seus mellores momentos.
As necesidades expostas no anteproxecto de convenio pola parte social, baséase na regulamentación de aspectos de primeira necesidade: mantelo poder adquisitivo, regulamentar as categorías e promoción profesional, aplicación de contrato relevo aos 60 anos, complementar IT derivado de accidente de traballo, creación dun plus para os traballadores que exercen o seu traballo en sábado ou domingo, ou recortar a xornada laboral – na actualidade en 1774 horas e 45 minutos / ano-, non podía supoñer na negociación aspectos que motivasen unha postura patronal tan enfrontada, tendo en conta que no inicio da negociación, esta non presentou na mesa ningunha proposta da súa necesidade para incluír na mesma.
Toda esta situación pódenos facer pensar ca Dirección enfrontou o convenio con premeditación e aleivosía, incumprindo de partida, o establecido no Estatuto dos Traballadores que as dúas partes deben de negociar de boa fe, moitos foron os motivos expostos para evitala negociación, pero sen dúbida hai un reprochable a todas luces, o despedimento de dous traballadores que formaban parte de un piquete informativo á entrada do recinto fabril, sendo un de eles membro do Comité de Empresa e o outro, forma parte dunha das candidaturas que se presentou nas últimas eleccións sindicais, e para corroborar a súa acción, utiliza ao seus mandos nos xulgados, feito lamentable pois nunca pódese esperar dun técnico, que o seu traballo principal sexa, declarar neles, para que coas súas partidistas declaracións se inculpe a traballadores e poñan en risco os seus postos de traballo, menos mal que ditas actuacións son tidas en conta por algúns, que teñen na súa potestade facer crer na xustiza.
Por último agravio, como se pode ter en conta unha proposta de convenio para negociar entregada ao Comité na mesa de negociación 13 meses despois de comezar a mesma.
Os traballadores de Megasa, propoñeron na negociación, falar de calquera medida puntual e acoutada no tempo, pero o saco da ambición empresarial non ten fondo e a proposta non encheu, e desde ese momento, estaba sentenciada que a loita sería o único camiño capaz de levar á vitoria dos traballadores nas súas reivindicacións.
Publicado en Razón Socialista nº 26, Segundo Semestre 2009.
Publicado no Diario de Ferrol o xoves 23 de xullo de 2009.
O mellor que podía facer Megasa,é pechar en Narón e emigrar para un país onde non haia tanta protección social.
ë o que está de moda e alentando dende o poder.