Ferrolterra con Palestina, 2 xaneiro, 20.30horas

Solidariedade co Pobo Palestino, ¡Paremos ao terrorismo sionista!
CONCENTRACIÓN: Venres, 2 de Xaneiro ás 20,30 horas, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. (Praza de España – Ferrol). ¡Participa!

Manifesto Ferrolterra con Palestina

Diante da criminal agresión que o Goberno israelí está a perpetrar contra a indefensa poboación palestina ao través do seu exército, un dos máis poderosos do planeta, queremos condenar a violencia do terrorismo sionista que leva causados arredor de trescentos mortos e preto dun milleiro de feridos na franxa de Gaza nos ataques dos últimos días e que ameaza con desencadear unha invasión terrestre sobre ela.

banderapalestinaQueremos expresar a nosa máis profunda solidariedade co pobo palestino, que segue a sufrir nestes días, como hai xa máis de corenta anos, a crueldade dunha ocupación, que se agrava co correr dos días e dos anos e que arroxa datos pavorosos (65% de desemprego en Gaza, a desnutrición en máis do 60% dos nenos e nenas, o colapso da case totalidade das fábricas instaladas no territorio, en suma, unha situación onde o 80% da poboación malvive por debaixo do umbral da pobreza ).

Seguir lendo…

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.