Con Palestina, sempre!

gaza_arrasada1Unha vez máis, Gaza. Unha vez máis, a hipocrisía da Unión Europea e da maioría dos nosos medios de comunicación. Unha vez máis teñen o obxectivo de xustificar, por activa ou pasiva, a actitude xenocida do Estado de Israel.

Centos de cidadáns palestinos indefensos están a ser masacrados polo exército máis poderoso do Próximo Oriente. Unha vez máis, se utiliza a Hamás como desculpa para levar adiante a política de exterminio e expulsión do pobo palestino da súa patria.

Equiparar ao corrupto estado israelí co pobo ocupado é unha forma de colaboracionismo, igual que no seu tempo se tivo cos fascismos europeos de principios do século vinte. Débese condenar todo tipo de violencia, pero non se pode utilizar como desculpa a Hamás. É algo así, como se á muller violada se lle recrimina que morda e arañe ao seu violador.

Ademais, á vítima non se lle pode pedir que se sente co seu violador a negociar non se sabe que. Os palestinos levan sesenta anos pedíndonos unha soa cousa: protección. Pero, aquí seguimos a mirar cara a outro lado. Algún día, desde a esquerda europea, debéramos analizar o papel do colonialismo na configuración do noso estilo de vida.

Israel é a cabeza de ponte da política neocolonial da Unión Europea e dos EEUU nos países árabes. Israel é un país secuestrado por un lobby relixioso – militar, que deu lugar a unha das castas políticas máis corruptas de Oriente Próximo, cun grave problema interno que pretende solucionar masacrando a un suposto enemigo externo, ao que lle roubou a metade da súa casa, da súa vida e da súa dignidade.

Hamás foi apoiado polo estado israelí como freo á esquerda laica palestina e a Yasser Arafat; do mesmo xeito que os EEUU organizaron, armaron e financiaron aos Talibáns en Afganistán. Xunto a isto fixo unha política de exterminio dos dirixentes laicos e moderados. Agora, Israel acaba de decretar a solución final. Gaza, un novo gueto de Varsovia.

Perdón por ser cidadán da miserable Europa. Viva Palestina Libre!

Enlaces a:

Palestina Libre,

Fundación Araguaney,

Declaración do Intergrupo Parlamentario español por Palestina

Asociación Fuco Buxán

One thought on “Con Palestina, sempre!

  1. Pingback: Gaza: la blogosfera es un clamor « 14 de abril

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s