Caso Leganés: negocio, infamia mediática e fundamentalismo

m_luismontes2Este sábado 13 de decembro, Fuco Buxán, trouxo a presentación por parte do seu autor – o doutor Luís Montes – do libro “El caso Leganés”, editado por Aguilar. Isto aconteceu na Aula Magna do Campus de Esteiro – Ferrol, da UDC.

Como lembraredes o doutor Montes e o conxunto do persoal médico do Complexo Hospitalario do Severo Ochoa en Madrid, durante o ano 2005 sufriron a persecución da prensa da dereita e dos sectores máis ultras da sociedade española. Se lles acusou de matar a catrocentas persoas.

Esta foi unha campaña mediática apoiada polo PP de Esperanza Aguirre e o seu conselleiro Manuel Lamela co obxectivo de montar unha cortina de fume para ocultar, entre outras cousas, a xestión da dereita na crecente privatización do sistema madrileño de saúde. As cousas chegan ao nivel de que con fondos públicos estanse a facer sete hospitais, para lucro privado e cunha poboación adherida que non ten opción de elixir un sistema público, porque así lle interesa aos intereses especulativos duns poucos beneficiados coas concesións.

Ademais, dunha campaña ultra que pretendía equipar a asistencia dos servizos paliativos aos pacientes en fase terminal coas prácticas nazis.

O debate – xa onte – xirou polo tanto, nestes dous aspectos. Por unha banda, a análise do acontecido cos facultativos do Severo Ochoa, e a campaña mediática fascistoide e a xestión oportunista do PP madrileño; e pola outra sobre o dereito a unha morte digna, ou mellor dito, sobre a calidade de morte.

Fronte ao lucro, aos intereses dos grupos privados ou das propias empresas farmacéuticas, son os dereitos dos cidadáns a decidir de seu, e a defensa dun sistema público de saúde o que ten que estar en valor. Somos polo tanto, os cidadáns, que amparándonos, ademais na Lei de Autonomía do Paciente, os que coas nosas reclamacións por un sistema público, que ten que ofertar o servizo demandado, e polo tanto, no que non caben obxeccións de conciencia oportunistas ou fundamentalistas -xa que do contrario vulnéranse os nosos dereitos fundamentais – debemos velar e pór en marcha.

Fronte un sistema privatizado ou supeditado a intereses privados – temos os exemplos en Galicia das fundacións comarcais de Fraga – que prioriza o lucro e a baixa calidade da asistencia médica e humana, son os poderes públicos e os propios cidadáns, os que debemos estar alerta para garantir a nosa calidade de vida… e morte. Isto tamén é unha cuestión de calidade democrática.

Unha interesante tertulia a habida co doutor Montes, que deberemos completar coa lectura do seu libro.

luismontes_fucobuxan1312081

Unha opinión sobre “Caso Leganés: negocio, infamia mediática e fundamentalismo

  1. Comenzei este novo ano 2009 rematando a leitura do libro “El caso Leganés” do médico Luis Montes. Poido dicir que este debería ser un libro de leitura obrigada para todos os estudantes de Medicina e Enfermaría de España, e todos os profesionais sanitarios deste país. Verdades tan grandes e críticas tan constructivas escritas por este doutor deberían facer reflexionar a profesionais sanitarios e responsables políticos da sanidade pública e privada española. Persoalmente, coma enfermeira, agradezo a imaxe positiva que o doutor Montes fai do meu traballo que vai máis alá dos tópicos e achega a calquera ao mundo da sanidade. Un mundo en que cada vez importan máis os cartos que as persoas e no que moitas veces esquecemos que todos somos humanos e non dioses. Grazas Luis Montes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.