Levo un tempo tendo desasistido este blog. A verdade que ando moi liado con Fuco Buxán. Entre a montaxe final do documental que fixemos con ACSUR sobre a ría de Ferrol e a exposición fotográfica “Dereitos palestinos á sombra do Muro”, que leva desde o 30 de agosto no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela, e que hoxe pechamos.
Esta é unha exposición traída a Galicia por Fuco Buxán, grazas tamén a ACSUR – Las Segovias, e que ademais, sería imposible sen a colaboración da Fundación Araguaney. A exposición reflicte os efectos do Muro israelí sobre a poboación palestina dos territorios ocupados.
Na inauguración estiveron Lalán (presidente de Fuco Buxán), Jaber (presidente da Fundación Araguaney) e Isaac Díaz Pardo. E na Conferencia do día 6 de setembro contamos coa presenza de Rosa Méndez (directiva de Fuco Buxán), de Mohamed Safa (OLP), Magali Thill (ACSUR) e do Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.
O día 30 a xente de Fuco desprazada a Santiago puidemos compartir varias horas con Isaac e pasear pola cidade vella con el. Desde a súa homenaxe en Ferrol non tiveramos ocasión de contar coa súa presenza. De verdade que esta persoa é un verdadeiro patrimonio do conxunto do pobo galego. Persoalmente aproveitei para lle pedir que me dedicara o libro que nós editamos. A dedicatoria é unha autentica pasada, non sei como lla poderei agradecer de por vida. A omito por simple pudor.
E o xoves 6, tamén, e unha vez rematada a conferencia tivemos tempo para coñecer máis de preto tanto ao presidente da Fundación Araguaney como ao propio Alcalde.
A Fundación leva existindo desde hai vintecinco anos. A súa dimensión e a súa profunda raíz no pobo palestino fan dela unha das grandes Institucións que transmiten cultura, solidariedade e aire renovado a prol da liberdade en Galicia. É evidente que Jaber transmítelle toda a súa personalidade. Este tipo de institucións non poden existir senón hai un fondo compromiso coa túa xente, unha auténtica paixón pola túa terra, porque sempre é moito máis fácil adaptarse á sociedade que che dá acollida, que ter a mente e o corazón noutro lado do Mediterráneo, sobre todo con tantos anos de exilio.
E a Safa o coñezo desde hai moitos anos. Foi ao primeiro a quen lle oín falar da palestinidade, de pertencer a Palestina, incluso sen ser palestino. Esa palestinidade de aqueles que nin falamos árabe, nin nunca estivemos alá, pero que entendemos que temos de estar coa causa palestina, simplemente por dignidade fronte á barbarie colonial e a limpeza étnica que no nome do “mundo occidental” fai Israel. Fágovos unha confesión: Safa é o culpable da miña conversión palestina.
De Magali hai que dicir que vén de vivir tres anos en Palestina, e polo tanto, coñece perfectamente e de primeira man a política de humillación e de limpeza étnica que Israel practica coas xentes palestinas. Espero que canto en novembro a exposición veña a Ferrol, tamén nos sirva para que ela veña, entre outras cousas por aquel documental onde vese como unha familia palestina vai vendo tapiada as ventás da súa casa pola construción do Muro fascista.
Non coñecía de preto a Bugallo, recoñezo que me sorprendeu positivamente. Unha vez que remata o acto oficial xa non hai posible asesor que oriente ao político. Senón tes peso específico, na distancia curta acabas por perder. Compostela acerta con el.
E para finalizar, agradezo a Enrique Castro a súa visita á exposición. Mágoa que desta vez non puidera estar con nós o amigo Jordi Pedret. Pero, que saiba este último que nos debe unha cea.
Creo que esta exposición, que tanto traballo dounos, saíu ben.
Manuel:
Lo de la cena esta hecho, ningun problema.
Siento haber fallado en Compostela, pero era necesario que estuviera en Lima, desde donde te escribo, y era por una buena causa: la lucha contra el VIH/SIDA.
En cualquier caso, contar con Magali Thill para hablar sobre Palestina es un lujo no al alcance de cualquiera.
Un abrazo,
Jordi Pedret
Ya sabes que se te aprecia. En cualquier caso, según podamos quedamos los tres.
Y es cierto lo que dices de Magali, es todo un descubrimiento. Ya me la había recomendada Silvia, y ya sabes que lo que diga esta última es ley.
Abrazos.
ACSUR, Fuco Buxán…una combinación perfecta.
Un abrazo a todos y a todas.
Bos días a todos.
Meu querido e admirado amigo: Segue con este magnífico blog, que aínda que moitos -por impericia máis que por nugalla- non escribamos nel, podes ter por seguro que o seguimos atentamente.
Ramón
(Por certo: espero que apareza a mensaxe, igual é que non a dou gardado, ocórreme algunhas veces…)
Querido Ramón: agradezo as túas palabras. O que dubido é que este blog sexa “magnífico”. Confórmome con ser sincero, aínda que xa me ten ocasionado algún disgusto.
Pero, cambiando de tema, para quen escribimos, inda que sexa na Rede, ti xa sabes que de vez en canto necesitamos saber que o facemos para alguén.
Unha aperta pola compañía, amigo.