Con (e contra) Reganosa (non) vale todo

Reganosa fóra da r�a de FerrolOs cidadáns estamos a nos acostumar a que os poderes públicos violentan o Estado de Dereito con tal de que as empresas – que moitas delas foron no pasado galegas, e hoxe xa non – poidan levar adiante os seus negocios. Tales feitos levan a situacións como as vividas estes días con Unión Fenosa, que coa presenza do Presidente da Xunta e do Conselleiro de Industria, pretendía dar por inaugurada este luns os seus ciclos combinados sen ter a pertinente licenza municipal. As denuncias dos veciños organizados na “Plataforma pola Eliminación das Liñas de Alta Tensión de Oseiro” ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigou á empresa eléctrica a aprazar sine die tal inauguración por “razón técnicas”. E todo isto por darlle publicidade de balde a Reganosa na liña de presionar en favor da súa autorización definitiva, que hoxe non ten.

Os veciños de Mugardos están a ocupar o seu Concello por mor do falso Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, recentemente aprobado pola Xunta de Galicia. O pretendido plan “só afecta” aos catrocentos metros inmediatos á planta de gas, obviando a seguridade dos cidadáns situados aos dous quilómetros mínimos a que lle obriga as leis medioambientais, cunha lexislación cada día máis restritiva; e que xunto cos impedimentos que teñen os buques metaneiros en caso emerxencia na estreita ría de Ferrol, deixa fóra da legalidade á Planta de Gas e sen argumentos técnicos. Non valoro aquí a agresión medioambiental para as augas e a ría de Ferrol co circuíto aberto de Reganosa, nin o freo para a Candidatura “Patrimonio da Humanidade” dos Castelos do século XVIII.

Unha cousa é que a UPG e Paco Rodríguez renuncien en beneficio de que as empresas “galegas” radicadas en Madrid desfagan Galicia segundo lles conveña, máis o Presidente da Xunta debera facer país fronte a unha herdanza velenosa e inviable como Reganosa. Sobre todo porque o apoio político da administración galega impide que outros operadores europeos poidan facer no litoral exterior unha planta de gas catro veces superior ao proxecto perigoso, ilegal e non legalizable do Grupo Tojeiro. Algo que xa hai tempo coñecen por estar rexistrada a petición no Ministerio de Industria.

Tamén sería recomendable a elaboración dunha política industrial galega que mereza tal nome. Cando somos exportadores netos de enerxía o futuro industrial galego non pode seguir nas mesmas pautas fraguistas continuadoras do franquismo.

Quero salientar que o bo facer do Comité Cidadán de Emerxencia permitiu incorporar ao conxunto da poboación e dos movementos asociativos, especialmente na cidade de Ferrol. Mais, tamén nos últimos tempos, elementos oportunistas pretenden aproveitarse do traballo realizado desde o ano 2001.

Estes días atrás desde a Consellería de Sanidade desmentían a existencia de “Comisionados para a Catástrofes”, a conta de que un enfermeiro presentábase a si mesmo como voceiro ferrolán emitido informes contrarios a Reganosa. Probablemente, a pretensión de Sanidade era debilitar a loita contra a Planta de Gas, pero, resulta curioso que os feitos reforzan a posición do Comité Cidadán e de aqueles, que desde dentro din que, con e contra Reganosa non vale todo.

En resume: a Planta de Gas ao Porto Exterior de Ferrol. ¡En defensa da vida, da ría e da legalidade!

Publicado en Vieiros o 25 de xullo

2 thoughts on “Con (e contra) Reganosa (non) vale todo

  1. Reganosa na Ría é un disparate, que a culpa a teña o BNG e o PSOE non sexa responsabel de nada, sendo como é, quen goberna na Xunta, paréceme o segundo disparate.
    Tí máis moitos resposabeis da plataforma, usades esta protesta de moitos ciudaddáns para saldar as contas polítas có BNG.
    Son votante do BNG e nas últimas eleccións non votei unha forza que defradoume, fixéches ti o mesmo? ou polo contrario, o apoio do PSOE a Reganosa valeu o teu voto?

  2. Xandrinho: o asunto non vai contra o BNG,senón contra aqueles que pretenden meternos a planta de gas dentro da ría violentando a legalidade e o dereita á vida.
    Teño un profundo respecto pola xente do BNG, en especial aqueles que están a pagar un alto custe persoal e político por defender aos cidadáns fronte a Reganosa.
    A gran virtude do Comité Cidadán é que del forma todo tipo de xentes, independentes e con militancia política, desde á dereita, á esquerda e ao nacionalismo. Xa o teño referido, se non lembro mal no artigo onde falo da manifestación do 3 de xuño: “Marea humana contra Reganosa”, cunha dedicatoria especial a Aymerich.
    Por certo, ainda que formei parte na fundación do Comité – xunto con outros compañeiros en representación de Fuco Buxán – eu hoxe non teño responsabilidades dentro del, nin participo nas súas xuntas. Traballo desde fóra apoiando segundo as miñas posibilidades.
    PD. Beiras apoia a loita do Comité Cidadán, ¿que cres que votou?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s