Ferrol, quinielas electorais e resultados abertos

Hai moitas quinielas estes días. As enquisas dos medios de comunicación reflicten que cando menos na cidade de Ferrol os resultados están moi abertos. Con Reganosa no centro do debate electoral, as súas ameazas á poboación e as súas ilegalidades; un vinte cinco por cento de indecisos e moitos que están a mudar de voto.

Segundo esas enquisas, Vicente Irisarri vai ser alcalde polo PSOE, cunha Esquerda Unida da amiga Yolanda Díaz que aínda non tocou teito (xa lle dan que duplica os concelleiros), e que estes días asinaba a súa autoinculpación contra Reganosa.

O que si sabemos é que no BNG teñen asumido a perda da metade dos seus actuais concelleiros. Paco Rodríguez, secretario xeral da UPG e principal valedor no BNG de Reganosa anda histérico. Parece que non lle gusta o retrato que teñen del na sociedade ferrolá e que se reflicte no libro publicado por Fuco Buxán. Paco: Cada un recolle o que sementa.

Dentro do campo da dereita creo que as cousas van estar tamén máis equilibradas, xuntos terán un máximo de doce concelleiros. Juan Fernández e os seus independentes poden acabar capitalizando unha parte do rechazo dos votantes do PP a Reganosa.

En resumo: en Ferrol a dereita pasará a oposición. A esquerda creo que ten asegurada os trece concelleiros necesarios para gobernar.

Con respecto ao resto da comarca creo que Iván Puentes vai ser alcalde de Fene, sendo a lista electoral máis votada. O amigo Iván é todo un descubrimento para o PSOE cos seus vinte e oito anos. Sen dúbida é xa unha figura emerxente no campo socialista, xunto coa candidata do PSOE naronés, Catalina García.

Acto PSOE Narón nas Ferrer�asEn Narón fronte a un Xoán Gato esgotado e cunha deriva dereitista chamada Terra Galega, xunto cunha suba importante para o PSOE (pasará a 3 ou 4 concelleiros), e creo que as demais forzas naronesas tamén mellorarán algo os seus resultados electorais, probablemente asistamos á perda da súa maioría absoluta. Neste Concello vaise abrir unha etapa moi interesante xa que na campaña electoral todas a forzas políticas que compiten co alcalde saínte dixeron que non van pactar con el.

Gato deberá, sendo así, gobernar en minoría e abriríase unha nova cultura política en Narón baseado no diálogo e os acordos múltiples. No resto da comarca, agás Cabanas cunha situación especial, creo que a tónica xeral será para o PSOE repetir resultados ou subas.

En fin, son quinielas e os cidadáns teñen a palabra. Eles deciden.

5 opinións sobre “Ferrol, quinielas electorais e resultados abertos

  1. Me agrada esto de las quinielas,tal vez,porque en esto,despues de que se confirman los resultados,hay quien acierta y se lleva el premio,una minoria,pero a otros les toca probar suerte en próximas ocasiones.En cuanto a la quiniela politica,ya la cosa,no es tan clara,sea el resultado que sea todo Dios gana,es maravilloso,hasta aquellos que prevarican,estafan,cobran comisiones ilegales,especulan etc.ganan.

  2. Perdona,Manolo,que agregue un nuevo comentario,en realidad es la continuación del anterior,yo que no doy una en esto de la informática,espero,aunque en la distancia,que en los resultados para FERROL-TERRA,si haya perdedores,que se confirme que la politica es un bien necesario para el progueso de los ciudadanos,que esos perdedores,tengan nombre y que sean los PP y alateres,como Juan Fernandez.Salut,de un Ferrolano de Catalunya

  3. Respecto a Cabanas, decir que si ten unha situación especial,da cal a agrupación socialista cabanesa soubo saír, e que se vai manifestar no escrutinio do 27 de maio con 4 concelleiros(polo menos).
    Un saúdo e ánimo para tódalas persoas de ben. En especial para Iván de Fene e Caty de Narón.

  4. Cabanas sí era e é unha situación especial, e o retroceso a un concelleiro será motivo de profunda reflexión. Dende aquí expresar o agradecemento ós votantes que confiaron en nós, e como segundo da lista acepto tódalas críticas e decir que seguiremos traballando para levar a CABANAS ó recoñecemento e respeto que se merece.

    Grazas.

  5. Delfín: a situación de partida estaba claro que era moi complicada en Cabanas. A culpa non é vosa.
    Creo que o erro de toda esta historia vén de que Modesta non soubo marchar a tempo. Tamén os políticos esgótanse, e hai que saber marchar e pasalo testigo.
    Unha aperta, engadirei o teu blog nos meus enlaces.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.