Hoxe foi un día duro para a ría de Ferrol, e para quen a protexe contra dos depredadores. Aquí tedes 29 fotos que son públicas e quedán, polo tanto, baixo unha licenza Creative Commons.
Están dedicadas a quen son herdeiros/as das mellores tradiccións de loita democrática e dos traballadores/as en Ferrol: As Cofrarías de Pescadores e as súas persoas integrantes, así como, ás persoas e asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia.
Hoxe nada acabou. Senón que empeza unha nova etapa para seguir esixindo o traslado da ilegal Planta de Gas de Reganosa ao exterior da ría. Esta é unha loita democrática dun pobo que non admite a especulación, a corrupción e a sumisión dos poderes democráticos aos grupos mediáticos e económicos, que esquilman a nosa terra e a nosas rías.
¡Galicia non se vende! Seguimos adiante.
PD. Modifiquei o titular orixinal para incluir as mariscadoras (Rosa ten razón). Miñas desculpas.
Pingback: 29 fotos de uso público: seguimos adiante! « Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
¿E as mariscadoras? ¿Non as tedes un pouco olvidadas? Por Favor Cendan, a linguaxe é importante na loita pola igualdade. Si dices mariscadores parece que somentes foron os homes os que estiveron la loita, e nas fotos vexo bastantes mulleres. ¿Por qué non dicir mariscadoras/mariscadores? Polo demáis penso que a loita ten que ter un trasfondo moi profundo para chegar tan lexos nas reivindicacións. Un bico dende TEO
Si. Tes moita razón. Ademais, hoxe a presidenta da Asociación de Veciños/as de Caranza critica ao Delegado do Goberno por machismo ao considerar cas mulleres actuaban de “escudos humanos dos mariscadores”. Perdón (… apesar de todo un segue a ser un home, e non hai remedio).
Cambio o titular agora.
Bueno, al menos parece que hay sitios donde las movilizaciones populares siguen teniendo un contenido de izquierdas.
Porque aquí en Barcelona al menos, de unos años a esta parte los “grupos de ciudadanos” que realizan acciones en la calle suelen estar vinculados al PP y a la extrema derecha, o al menos actúan animados por ellos.
Desde Tarragona,alegria por la lucha que llevais a cabo,me congratula el ser Ferrolano,como dice Joaquim que ultimamente quien toma la calle es el PP.,no es del todo cierto,en Tarragona hemos vivido ayer,dia 11,una jornada de lucha ejemplar de los trabajadores del metal,que la prensa local cifro en un 95%.El PP es la derecha rancia y caciquil en la que se aloja las esencias de la dictadura,por lo tanto.les es muy dificil asumir su derrota electoral,con conceptos politicos de este estilo,es normal que movilicen a lo mas rancio de la sociedad.