Cando escribo estas liñas xa foi a manifestación que diversos colectivos convocaron este domingo, en Compostela contra a especulación e a degradación do noso litoral.
Aquí na ría de Ferrol a principal agresión que estamos a sufrir é a pretensión de poñer en marcha a planta de gas de Reganosa. Unha instalación que inclumpe a normativa de seguridade e ameaza a vida das persoas dentro da ría (Seveso II). Tal son o cúmulo de ilegalidades, de corruptelas, de responsabilidades de personaxes políticos e administrativos, que en vez de defendelo interese público, miraron a outro lado, para desde un punto de vista depredador desfacer a nosa ría, co único fin dun lucro económico desorbitado. Motivos espúreos impediron que a planta de gas ficara situada fóra da ría, como así piden amplos colectivos cidadáns, informes da defensa naval, etc.
A Asociación Fuco Buxán vén de editar un libro, titulado: “Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la ría de Ferrol. El caso Reganosa”. Estes días Ignacio Ramonet publicaba un artigo no diario “El País”, que viña a ser un pequeno avance do mesmo. Inicialmente estaba previsto que fose un dos dous prologuistas do libro, máis a falta de tempo do periodista impideu a súa aportación ao libro. Proximamente sairá a edición en galego.
Este libro pesentarase o mércores 9 de Maio ás 20 horas, na Aula Magna de Humanidades no Campus de Esteiro de Ferrol.
Interveñen:
• José Santamarta
Director de Worldwatch España
E os autores do libro e directivos de Fuco Buxán:• Carmelo Teixeiro Menéndez
• Enrique Barrera Beitia
• Manuel A. Rodríguez Carballeira
FucoBuxán edita este libro, nun esforzo por contribuír á tarefa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
¡Unha situación de emerxencia!. Facerlle fronte, esixe un esforzo de responsabilidade de toda a ciudadanía e dos cargos políticos e institucións, e debe ser motivo de debate nas vindeiras eleccións municipais. Fuco Buxán pretende que o libro contribúa ó mesmo e a clarexar o posicionamento dos futuros responsables municipais de Ferrolterra.
Son necesarias todas as accións que contribúan ao coñecemento do risco e ameaza (para a vida humana e riqueza da ría) que suporía poñer en funcionamento a planta de Reganosa.
¡Participade na presentación do libro! A ocasión a merece.