Galegos de Catalunya eu non vos vou escribir nin falar en castelán, non só porque non son Quintana que vos foi a pedir o voto para CiU, senón porque pretendo que entendades ben o que vos quero transmitir. Porque é ben certo que o idioma é moito máis que unha ferramenta, é por rida de todo un xeito de estar e ver o mundo. É a nosa sinal básica que dános a referencia do que somos e do que nos diferenza dos demais. O cal non é contraditorio con isto que engado. Somos diferentes, mais somos iguais.
Historicamente foi a esquerda quen desde unha posición catalanista e integradora sempre apostou pola integración das persoas, pola igualdade de oportunidades sen pedirlle a ninguén un certificado de orixe. Foi a esquerda catalá que demandou iguais servizos e acceso á vivenda, a educación, ao traballo sen importar de onde viñas. O realmente importante é que sumabas a túa vontade de levar adiante un proxecto común, que aí chámase Catalunya. A Catalunya social.
Máis de cen mil galegos viven na cidade de Barcelona. Non vou abondar o que hai de común entre este fillo de andaluces, hoxe candidato do PSC e nós os galegos. Aínda que quizais si algo: a todos nos botou a dereita da nosa terra materna.
Galegos de Catalunya, en galego e entre galegos: votade PSC, votade Montilla presidente. Sinxelamente, porque é un dos nosos e vai sendo hora de que cheguemos ao Palau da Generalitat.
Amic Manuel,
jo tampoc canviaré de llengua, en català et vull agraïr la teva crida als catalans d’origen gallec a votar pel PSC, per Montilla.
Aquesta és l’única opció que garanteix un govern per a la gent, la construcció d’una Catalunya social, perquè és l’única opció que està pel poble, per la gent, per damunt de tot.
Jordi