Red de Blogs Socialistas

Se ides á bitácora da Rede de Blogs Socialistas poderedes ver que xa “oficialmente” son membro da mesma. Quero agradecer á Rede, en especial ao seu coordinador, Enrique Castro (www.enriquecastro.net), que conten comigo neste “selecto” club.
A verdade que as cousas corren a moita velocidade. Aqueles que regularmente visitades esta bitácora sabedes que toda esta historia miña empezou alá o ano pasado, no mes de agosto. Grazas a Carlos, do que abuso moito debido as miñas deficiencias “internéticas” souben desto dos blogs… e agora estou na Rede de Blogs Socialistas!
En fin, ver para crer.

Sobre o novo Estatuto Galego
Non quero deixar de invitarvos, a aqueles que esteades por Ferrol o xoves e o venres, no Salón de Actos do edificio da Xunta de Galicia, situado na Praza de España, a partir das 20 horas, a participar en sendas conferencias sobre o novo Estatuto de Galicia.
O xoves, 2 de marzo intervén Ramón Máiz, Poñente do Proxecto do PSdeG-PSOE e Decano da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago.
O venres 3 de marzo, intervén Pablo González Mariñas, Poñente do Proxecto polo BNG e Deputado autonómico.
Este acto está organizado pola Asociación Fuco Buxán.

2 opinións sobre “Red de Blogs Socialistas

  1. Dende que atopei a túa intelixente páxina non me perdo ocasión de entrar nela e disfrutar cos temas que tocas.É importante falar pùblicamente de cousas que case que nadie se atreve a dicir en voz alta. Si mo permites, farei link da túa páxina coa miña coa finalidade de que me sexa máis cómodo leerte.
    Recibe un agarimoso saúdo
    Rosa

  2. No sé que pasa que no ha salido publicado el texto que te escribí anteriormente. Referíane nel ao feito da sorte que tiven de atoparme coa tua páxina que me parece certamente intelixente. Tocas temas de actualidade que a todos nos interesan. A seguir así e recibe o meu más cordial saúdo
    Rosa

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.