Veu visitarme o mar

Hai algún tempo que Rosa Aneiros chamou a miña atención por dúas razóns; é de preto de Ferrol, exactamente de Meirás; e sobre todo, a referencia á anterior novela, tamén publicada por Xerais: Resistencia.
Non lembro en que xornal lin a reseña. Mais, que aparecera como “apadriñada” por Álvaro Cunhal, para min era motivo máis que suficiente. Quizais, sexa polo profundo respecto que teño por Portugal, e a súa Revolução dos Caraveis, por personaxes como Mário Soares, que ámbolos dous son referencias inescusables para entende-lo Portugal de hoxe. Portugal é realmente a Galicia que se fixo maior de idade, a irmá que perdemos cando a expulsaron de España, xentes que hoxe teñen como herdeiros aos Acebes de turno.
Lin como para escribir “Resistencia” chamara ao PCP, preguntando por Cunhal, buscaba información sobre a loita contra a Ditadura e a situación na cárcere de Peniche. Como o seu interlocutor preguntáballe para que quería falar co líder histórico portugués, até co final resultou ser el mesmo. A novela tamén está traducida ao portugués.
“Veu visitarme o mar”, narra unha fin de etapa da vida dunha cordobesa – neta dun galego represaliado – vida para axudar contra a contaminación do “Mar Exeo”, na entrada d’A Coruña. E dez anos despois atópase coa marea negra do “Prestige”.
Para min, foi unha novela máis difícil de ler que “Resistencia”, hai momentos que corre o risco de repetirse, máis sempre encontra como recupera-lo pulso á historia. Indubidablemente, que ocorra en medio da marea negra, do Nunca Máis, de aquilo que supuxo un golpe tan tremendo na nosa conciencia como seres humanos, que por unha vez actuamos todos como país, e que recibimos a solidariedade de milleiros e anónimos voluntarios que viñan a axudar a carretar coas súas propias mans o chapapote. De aquel que “Mariano” dicía que eran só “unos hilillos”; sírvelle para presentar unha historia que alcanza momentos nos que a pel racha cos ósos.
Hai páxinas que para aqueles que temos impresos na memoria as nosas costas cheas de fuel desgárranos como se hoxe aínda estiveramos en plena traxedia.
Resulta curioso, pero ao igual que en “Resistencia” non me gusta o final. Non me gusta que Alba deixe aberta a porta á reconciliación con Marcos. Sería un xeito de volver ao fracaso do pasado. E na anterior novela, non me gustou que non se reencontraran os protagonistas, que ela non soubera que el seguía a existir, que non morrera no cárcere de Peniche.
Supoño que é porque téñolle unha profunda envexa a Rosa e á xente que coma ela é capaz de contar unha historia. De momento, seguirei a esperar á próxima novela, e mentres tanto conformareime con ler os seus artigos no Diario de Ferrol.
En definitiva, lede “Veu visitarme o mar”, e tamén “Resistencia”. Vale a pena.

2 opinións sobre “Veu visitarme o mar

  1. Atopei esta páxina buscando información sobre ‘Resistencia’. Agora mesmo acabo de rematar a lectura e pretendía atopar algunha información que me aclarase o final pois, ao meu parecer, da a entender que Filipa finalmente entende que a morte de Dinís non era máis ca unha invención dos encargados do cárcere, tal e como o reflexaban os carteis informativos de Peniche unha vez feito Museo. E é por iso polo que, ao atoparse ante a dúbida de cara donde dirixirse, recorda as palabras das cartas de Dinís e… decide retornar a San Pedro de Moel.
    Gustaríame saber o porqué da tua opinión (‘non me gustou que non se reencontraran os protagonistas, que ela non soubera que el seguía a existir, que non morrera no cárcere de Peniche’) se é que eu estou enganada e fun demasiado optimista interpretando dese xeito o final 🙂
    Por certo, aínda non lin ‘Veu visitarme o mar’, mais é a próxima lectura pendente na miña listaxe!

    Un bico

  2. Ante todo moitas grazas. A verdade que parece mentira que unha cousa escrita hai xa 3 anos poda seguir a ter vida.
    Refrescando a miña memoria creo que ela dá por feito que el xa non existe. Así, creo eu, o entendín.
    Ese final non me gustou, porque no fondo son un utópico irreductible. Á miña filla de catro anos pásalle igual: gústanos as historias con final feliz.
    Teño curiosidade por ler a edición portuguesa de Resistencia. Tamén é certo que sento empatía por todo o portugués, e porque descrubín que as traducións de Saramago ao español – a pesar de facela en moitos casos a súa muller, Pilar – perde parte do seu significado e da súa forza. Se les en galego, cun simple diccionario de portugués (para cousas extremas), somos capaces de ler en portugués.
    Por certo, a editorial Caminho é moito máis barata que Alfaguara. E se vas ao youtube e buscas Saramago, o verás cantando “Grandola vila morena” con Luis Pastor.
    Volvendo a Rosa, se segues a prensa dixital a verás como articulista. Sería interesante ter unha charla con ela, e non creo que sexa demasiado difícil atopala. Por exemplo a través da súa editorial, da Asociación de Escritores en Lingua Galega ou do Consello da Cultura Galega (creo que traballa aquí).
    Se falas con ela, xa mo contarás.
    Apertas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.