NARÓN NECESITA CAMBIOS

Acaba de cumprirse o 168 aniversario de Narón, un concello que é dos que máis creceron, especialmente, desde a década dos noventa.
Pero, quizais ese desenvolvemento mereza unha análise crítica moitas veces ocultada pola autosatisfacción do Poder municipal. Basicamente, este tivo lugar en base a unha política de atracción de pequenas e medias empresas con baixos salarios e precariedade laboral; así coma unha inxente cantidade de cemento, “deixando facer”, faltando unha planificación axeitada que xenere servizos municipais e zonas de lecer axeitados. O que sen dúbida vai hipotecar o futuro do concello a medio e longo prazo.
En calquera caso, a suba do prezo das vivendas en Narón (hoxe é tan caro mercar no Bertón como no Ponto), así como a progresiva deslocalización de algunha empresa emblemática do Río do Pozo amosa que estamos xa nun modelo que presenta signos de esgotamento.
O asunto é saber se hoxe hai un proxecto político para Narón. Se ben UN acadou a maioría absoluta nas últimas eleccións municipais, este é froito sobre todo do baixo perfil que teñen as outras forzas municipais. A comparación coas eleccións xerais, ou as últimas autonómicas nos din que Xoán Gato está a usufrutuar un voto itinerante. Basicamente dos socialistas (máis do 45%), aínda que é ben certo que recibe apoios do conxunto do electorado (un 30% de dereitas e un 16% nacionalista).
Hoxe Unidade por Narón ten o seu perfil ideolóxico desdebuxado, de feito están integrados na coalición Terra Galega, un partido “centrista”. É evidente que o principal sustento ideolóxico do grupo de Xoán Gato é o exercicio do poder municipal, de aí que se poida apoiar a UN tanto pola esquerda como desde a dereita. É a versión naronesa do peronismo.
Fronte a un Xoán Gato que só aspira a hipotecar á Presidencia socialista da Deputación nas eleccións locais do 2007, ¿quen pode abrir un proceso de renovación en Narón?
A dereita, que nunca é alternativa para o conxunto dos cidadáns, coa súa visión clasista da sociedade impide o avance nos servizos públicos e nos dereitos dos cidadáns; así como o enfrontamento radical do BNG con Gato, deixan só en mans dos socialistas o provocar os cambios que Narón necesita.
O proceso de cambio, iniciado na agrupación do PSOE naronés coa súa actual secretaria xeral debera profundar na renovación e consolidarse nas vindeiras listas municipais. Obrigatorio para acadar un crecemento máis preto do seu resultado autonómico. Necesario para provocar a perda da maioría absoluta de Xoán Gato, xunto cun xiro á esquerda na política naronesa.
Os socialistas, que contan hoxe cos Gobernos central e autonómico, así como da Deputación coruñesa, deberan traer novos aires a Narón, traballando por un deseño urbanístico alleo á especulación con zonas verdes e de lecer para todas as idades, a creación dunha empresa municipal de vivenda, unha nova política industrial con emprego estable e de calidade, unha política municipal máis equitativa entre o rural e o urbano, a recuperación e mellora do entorno natural, así como dos servizos municipais hoxe privatizados, e pola suma de todas as entidades locais nun proxecto común…
Todo elo englobado no traballo a favor dun gran área metropolitana que conte cos concellos da comarca, chegando ao Ortegal e ao Eume, sabendo aproveitar as sinerxias beneficiosas que a suma dos esforzos do conxunto dos municipios traería a este Concello, fronte á inútil competencia Ferrol / Narón.

2 opinións sobre “NARÓN NECESITA CAMBIOS

  1. Manuel Cendán es hoy una de las voces más claras en el autero panorama político gallego.
    Cuando queráis saber algo o llegar al fondo de un problema, preguntádselo a él o dirigios a su Web o a sus artículos de prensa. Aprovecho para solicitarle un análisis de los caminos, tan distintos, emprendidos por dos ayuntamientos vecinos: uno en declive, el de Ferrol y el de Narón, envuelto en interrogantes, pero que, de cualquier modo invita a la reflexión. Ya quisiéramos los ferrolanos, tener una vida cultural tan intensa como el vecino de al lado. Y, otro tanto en lo que se refiere a la oferta de ocio. Ferrol, esta ciudad abierta en canal, se dispone a pasar una navidad sion ni siquiera un suelo donde poner los pies. ¿Dónde dirigirán sus pasos los ferrolanos para realizar sus compras navideñas sin peligro de desaparecer en alguna zanja no señalizada?
    En esta época de gatos en celo de políticas populistas y juncos que navegan a la deriva, la elección es difícil.¡ Hay tanto que hacer desde la Izquierda!

  2. Non hai que esquecer que en Narón tivo lugar, no intre da transición, 1975-1979, un cambio popular e real que encabezou Antonio Martinez Aneiros. Gato é un tipo intelixente que no seu día facilitou a promoción de Aneiros ao Parlamento da Xunta para quedarse él coa alcaldía y ahí segue.Ainda segue funcionando a estrutura social (Padroado da Cultura, etc) creada na época de Aneiros. Gato aproveitou ben esta inercia de crácter popular e social xunto co “vai facendo” na construcción. Ata él mesmo é agora constructor -empresario- por eso ten tanta fe nos empresarios. De ser un comunista convencido pasou ao neoliberalismo nun longo proceso que remata na sue etapa vital de abuelete. A partir de aquí as súas ansias só son medrar económicamente e disfrutar no exercicio do poder, un disfrute patolóxico como lle paso a moitos mais. Non será doado que en Narón entre aire puro. É unha especie de burbulla de intereses económicos aderezados cunha ideoloxía de marcado localismo patán. Hai que traballar a base, as parroquias, a xente nova, os maiores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.