Arde París e toda Francia. As imaxes que veñen de alí amosan claramente a violencia que sae das entrañas do país galo. Quizais sexa certo o que din as súas autoridades, e que está xenerada por narcos e islamistas radicais. Máis, ¿cambia iso algo?
A mensaxe é clara. Os desherdados do capitalismo francés espertan do seu soño, e o fan coma a cólera agachada tras moitos anos de desprezo, racismo e explotación.
Botarlle a culpa á inmigración non serve de nada. Se están en Francia é porque aos empresarios interesoulles no seu día, tanto como para rebaixar as reivindicacións do traballadores franceses, coma para que ocuparan aqueles traballos penosos que ninguén quería.
Estamos nunha etapa de aceleración dos procesos históricos. O capitalismo global é máis forte ca nunca, pero resúltalle cada vez máis difícil agachar as taras sociais que provoca. Necesitamos un cambio de civilización.
¿É lícito en democracia que unha minoría vivan do traballo dos demais, e que ademais estes últimos vivan na precariedade?
Hai unha segunda lectura tamén. A esquerda non foi quen de traballar por integrar aos vidos doutras terras. Tanto o PSF, como o PCF, foron incapaces de traballar pola integración dos sectores máis dinámicos dos novos franceses, e se algúns eran integrados nas súas organizacións, estes ocupaban postos secundarios, onde non molestaran aos franceses de pro e á imaxe pública do partido.
A estas alturas deberíamos saber que se o Socialismo é posible, virá da man dunha alianza entre a vella esquerda europea e os novos descamisados.
¡Lembrades que o principal argumento, que tiña o PP contra a legalización en España por parte do PSOE, era que os inmigrantes serían os futuros votantes socialistas!
Nun recente artigo que publiquei na prensa falaba de que unha das tarefas por parte de esquerda local era traballar pola necesaria integración dos inmigrantes na nosa cidade. Esta debería deixar de ser un mero discurso progre, e concretarse en feitos reais.
Se o mundo ten futuro, este será mestizo.