Hoxe vin na televisión a volta aos seus países dos subsaharianos desde Marrocos. Ao subir ao avión un deles dixo: ¡España Racista!
E a verdade que ten razón. O PP dun xeito irresponsable ao principio pedía explicacións a Zapatero e insultaba a Marrocos. Unha vez que as autoridades marroquís actuaron con man dura, pretendían poñerse ao fronte da pancarta na defensa dos dereitos humanos. ¡Hipócritas!
A verdade que como militante socialista non me gustou a actuación do Goberno de España. Ten que haber outra forma de face-las cousas, sen estar acosado por esta dereita irresponsable, xenófoba e racista. Ademais, guste ou non, a xente ten dereito a escoller onde quere vivir.
Preocúpame que estamos cambiando. Somos xa un país racista. Nunha web dun medio galego o 75% dos encuestados estaban a favor da expulsión dos inmigrantes. Non vaia a ser que o medo á invasión nos converta en fascistas.
Esquecemos que nós tamén fumos inmigrantes. E na nosa Constitución falamos, no preámbulo e no título primeiro, da paz, da colaboración entre os pobos e dos dereitos humanos.
Ademais, qué autoridade ten Europa para dicirlle non aos africanos. A situación de guerra e fame en África é herdeira do colonialismo dos séculos XIX e XX. Acaso, non son os grandes grupos financeiros os responsables do que acontece, todo para roubarlles as súas riquezas.
A Conferencia proposta por Zapatero ten que ser xa e ter solucións pronto, e apostar decididamente polo desenvolvemento destes países. Non hai nada que valga tanto como unha vida humana.
Santiago Carrillo no seu libro La Gran Transición (Editorial Planeta) fala de que hoxe veñen pacificamente, pero mañá poden vir en son de guerra. Recomendo a súa lectura.
A fame e a humillación transformadas en odio dos subsaharianos, como hoxe pudimos ver na televisión, é a semente que pode frutificar a medio prazo (lembrade a Al Qaeda). A globalización neoliberal pode acabar creando unha gran fosa para todos.
Outra Europa, e outra África ten que ser posible.
Á marxe: o meu recoñecemento a Eduardo Haro Tecglen.
Cuando veo esa escenas en los telediarios, propias de un noticiario nazi, se me acuerdan dos cosas:
1ª- Que África es un continente lleno de riquezas que el imperialismo sigue esquilmando ante la indiferencia de todos los tribunales internacionales.
2.-Que la voz de la iglesía católica tiene, otra vez, cosas mejores que hacer que denunciar este expolio, este genocidio continuado.
Por lo demás, no me preocuparía que mi hija se casase con un negro, a no ser que el negro fuese un fascista.
Camarada José