Dereito a ser atendidos

Pretenden que para pedir calquera tipo de cita ou documento, usemos unha aplicación. Están a provocar a expulsión masiva de persoas, non só por dificultades no aprendizaxe nas novas tecnoloxías, senón que en moitos casos por verdadeiros calvarios, tanto por parte de aplicacións moi pouco intuitivas como de páxinas oficiais cunha linguaxe tan técnica, que é evidente buscan que a usuaria/o desista. Coa vantaxe de que non hai ningún sistema que conte as solicitudes falladas, co cal estas existen en ningures.

Pedir unha cita vía app para o Sergas ou a administración, os protocolos na sanidade privada que buscan que o cliente desista de reclamar, ou o cobro por operacións nas oficinas bancarias, son exemplos claros. Desbotan un dereito fundamental como é a atención personalizada, humanizada. O dereito a usar ou non as novas tecnoloxías. E, aquí hai culpables e moitos cómplices.

A mala educación e as malas praxes están instaladas nese menosprezo á atención humanizada. Por riba, pretenden facernos crer que a culpa do mal é nosa. As persoas temos dereito a non usar as novas tecnoloxías, a darnos de baixa das redes sociais, a desconectar os teléfonos ou a usalos só para chamar, se o consideramos.

https://www.diariodeferrol.com/articulo/opinion/dereito-atendidos-4536543

Videntes

Permítanme, agora que estes días tiven que usar o noso sistema público de saúde, cando ademais son dos que vai só en caso de extrema necesidade. Son consciente da importancia de que funcionen adecuadamente. Pero, precisamente agora que xa non rexe o protocolo do Covid-19 sería sensato saber porque seguen habendo restricións e derívase unha parte fundamental da asistencia médica rutineira vía teléfono que converte aos médicos en “videntes”.

Se intentan estes días solicitar cita presencial acabaran vendo que a terán para dentro de catorce días. E se por riba esa chamada telefónica que espera da súa doutora de familia non se produce, por calquera incidencia, de ter algo acabará en urxencias porque o asunto foi a máis, como aconteceu. O certo é que a aplicación do Sergas e o sistema telefónico ten como función disuadir ao usuario e se ten posibilidade busque solución á marxe do sistema público.

https://www.diariodeferrol.com/articulo/opinion/videntes-3548826