Non era unha inocentada

Non, non é unha inocentada. Acabo de ler en 20minutos.es que Augusto Pinochet xa ten ficha como “presunto”. Tomáronlle as pegadas dactilares. Din que é o proceso normal… ¡Por fin!
Vai sendo hora que non quede espazos para a impunidade. Os traidores e terroristas deben pagar as súas culpas.
Como di a canción de Pablo Milanés:
“Yo pisaré las calles nuevamente
de lo que fue Santiago ensangrentada
y en una hermosa plaza liberada
me dentendré a llorar por los ausentes
yo vendré del desierto calcinante
y saldré de los bosques y los lagos
y evocaré en un cerro de Santiago
a mis hermanos que murieron antes
yo unido al que hizo mucho y poco
al que quiere la patria liberada
dispararé de las primeras balas
más temprano que tarde sin reposo
retornarán los libros las canciones
que quemaron las manos asesinas
renacerá mi pueblo de su ruina
y pagarán su culpa los traidores
un niño jugará en una alameda
y cantará con sus amigos nuevos
y ese canto será el canto del suelo
a una vida segada en La Moneda
yo pisaré las calles nuevamente
de lo que fue Santiago ensangrentada
y en una hermosa plaza liberada
me detendré a llorar por los ausentes”.

¡Viva Chile libre! ¡Viva Allende!

Víctor G. Novás

Víctor, para que non o coñeza é un artista xa cun recorrido importante. Desde logo pinta desde hai moito. E a verdade que vale a pena presenciar algunha das súas exposicións.
Para quen este preto de Ferrol, recoméndolle que se achegue á Cafetería Avenida, na Praza de España. Na súa Sala de Exposicións, xa desde o 22 de Nadal até o 8 de xaneiro de 2006 (en horario de cafetería), poderedes ver algunhas das súas obras… e despois, tamén, vos recomendo o chocolate con churros que fan na Cafetería.
A Exposición vale a pena… e o chocolate tamén.

Arde París

Arde París e toda Francia. As imaxes que veñen de alí amosan claramente a violencia que sae das entrañas do país galo. Quizais sexa certo o que din as súas autoridades, e que está xenerada por narcos e islamistas radicais. Máis, ¿cambia iso algo?
A mensaxe é clara. Os desherdados do capitalismo francés espertan do seu soño, e o fan coma a cólera agachada tras moitos anos de desprezo, racismo e explotación.
Botarlle a culpa á inmigración non serve de nada. Se están en Francia é porque aos empresarios interesoulles no seu día, tanto como para rebaixar as reivindicacións do traballadores franceses, coma para que ocuparan aqueles traballos penosos que ninguén quería.
Estamos nunha etapa de aceleración dos procesos históricos. O capitalismo global é máis forte ca nunca, pero resúltalle cada vez máis difícil agachar as taras sociais que provoca. Necesitamos un cambio de civilización.
¿É lícito en democracia que unha minoría vivan do traballo dos demais, e que ademais estes últimos vivan na precariedade?
Hai unha segunda lectura tamén. A esquerda non foi quen de traballar por integrar aos vidos doutras terras. Tanto o PSF, como o PCF, foron incapaces de traballar pola integración dos sectores máis dinámicos dos novos franceses, e se algúns eran integrados nas súas organizacións, estes ocupaban postos secundarios, onde non molestaran aos “franceses de pro” e á imaxe pública do partido.
A estas alturas deberíamos saber que se o Socialismo é posible, virá da man dunha alianza entre a vella esquerda europea e os novos descamisados.
¡Lembrades que o principal argumento, que tiña o PP contra a legalización en España por parte do PSOE, era que os inmigrantes serían os futuros votantes socialistas!
Nun recente artigo que publiquei na prensa falaba de que unha das tarefas por parte de esquerda local era traballar pola necesaria integración dos inmigrantes na nosa cidade. Esta debería deixar de ser un mero discurso “progre”, e concretarse en feitos reais.
Se o mundo ten futuro, este será mestizo.