A fortaleza do PSOE andaluz confrontado contra Rajoy, leva por diante ao PP. Tamén, limita os efectos da irrupción de Podemos. O PSOE segue a ser a forza central en Andalucía.
O PP perde a terceira parte. Os máis á dereita van a Cidadáns e os máis centristas a Podemos. Estes últimos sumándoos aos votos que reciben de IU e de novos votantes, logran ser os terceiros, pero non son determinantes no novo parlamento. Agora, xa son “casta”, toca definirse (#tic-tac).
Os Cidadáns de Albert Rivera crecen a costa dos PP, UPyD e PA. Dende IU deben facer autocrítica, máis sendo os seus feudos tradicionais. A súa debacle non vén pola súa coalición cos socialistas, senón porque estaban comodamente instalados como parte do sistema.
Galicia non é Andalucía. Pero, parece máis evidente que aquí Podemos vai pinchar. Alegría en AGE, máis na Anova de Beiras e Martiño Noriega.
Enlace web a Diario de Ferrol (Columna Letras de Cambio).
O sistema eleitoral de beneficio a maiorías permite que o PSOE perda 200000 votos e manteña o nº de diputados pola baixada do PP. O mes mo pasa aqui que Feijoo perdeu tamen 200000 votos no 2009 e acadou 1 escano maís, así se permite decir que perdendo 200000 votos o PSOE-A sae fortalecido ao adiantar unhas elecións cando tiña un acordo de goberno aagora ainda non se sabe se haberá que repetílas pois que se fía dunha candidata que cando lle conven rompe o pacto
Creo que exactamente o PSOE andaluz perde 118.881 votos.
En calquera caso, no actual Parlamento hai unha clara maioría de esquerdas, 67 deputadxs de PSOE, Podemos e IU, que deberan chegar a un acordo.
Si, por cegueira, houbera novas eleccións andaluzas, non teño dúbida que os primeiros en ser censurados polos electores/as serían Podemos e IU. Xa non lles vale falar, teñen que mollarse e tomar decisións.
E a primeira é asumir que tanto Podemos como IU-CA non son recambio do PSOE andaluz, senón compañeiros de viaxe, aínda que non lles guste verse reflectido nese espello.