Ante un Primeiro de Maio diferente

A pesar de que forma parte da tradición do movemento obreiro e das forzas progresistas, a celebración deste 1 de Maio de 2010 celébrase nun contexto, que cando menos, é diferente aos dos últimos trinta anos. Máis, parece lembrar á importancia histórica de aqueles primeiros que foron unha acumulación de forzas a prol da emancipación da clase obreira, e que en España alumeou á Segunda República.

Indubidablemente, o que fai este Primeiro de Maio diferente, é que vén inmerso dentro dunha grave crise económica similar en moitos aspectos á dos anos trinta do século pasado. Os anos da Gran Depresión, e que ante o avance do movemento obreiro socialista (como así o chamaban Marx e Engels), á dereita apostou polo apoio aos diversos fascismos, negándose ao avance da democracia e dun reparto máis xusto da riqueza (p.e. Churchill era un admirador de Mussolini).

Estamos inmersos nunha crise económica – social por mor das políticas neoliberais. O trasvase de rendas do traballo á rendas do capital provocou por unha banda unha contracción do consumo da maioría da poboación; e pola outra, a dereita económica necesitada de sacar maior beneficio económico da sobreacumulación financeira apostou simplemente pola especulación bursátil.

Tras a marcha de Pedro Solbes, o Partido Socialista parecía pretender pechar a etapa dunha política económica que no fundamental recibía o aplauso dos sectores bancarios e especulativos deste País. A introdución de incentivos económicos e políticas de gasto social debera ser o inicio dunha nova política económica de tipo keynesiano, que cando menos, debera servir para amortiguar a crise nos sectores máis desfavorecidos. Hai que ter en conta que a solución á crise económica pasa, simplemente, por unha aposta económica e social radicalmente democrática, en términos clásicos, postcapitalista e verde.

Ten razón Gaspar Llamazares cando plantexa que a esquerda no seu conxunto perdeu a hexemonía, e que son os valores da dereita os que están condicionando á sociedade. Só así, pódese entender que cunha crise histórica do modelo social da dereita, esta poida acabar sendo a beneficiaria final.

A presión política e ideolóxica da dereita sobre o Goberno Zapatero abre unha morea de incertezas. Non sería de acuse que a saída á crise a pagaran, única e exclusivamente, as clases traballadoras e medias, fundamentalmente en materia de emprego e liberdades fundamentais.

Atacar a calidade e estabilidade do emprego é ir contra unha das bases materiais desta democracia imperfecta nacida tras a desaparición do fascismo español en 1978. A dereita consciente da desbandada do conxunto das esquerdas, e polo tanto, da debilidade crónica dos cidadáns, está a apostar claramente por un retroceso democrático. E o emprego, o mundo do traballo, segue a ser o eixo fundamental sobre o que toda transformación democrática da sociedade hai que incidir. Sen democracia nas empresas, a democracia na sociedade é fráxil e de baixa calidade.

Unha saída neoliberal á crise económica – social provocada por esas mesmas políticas, só afondarían na desigualdade, no conflito social. Xunto, ademais, cun feito extraordinario. É a primeira vez na Historia do Capitalismo que estamos a falar de que persistir no crecemento especulativo, deixando aos mercados impor a súas leis usureiras, levaría a Humanidade a un colapso que sería insoportable para a vida no Planeta; dito en términos clásicos, por primeira vez o Capitalismo non sabe como xenerar novas forzas produtivas. Está esgotado. No principio da súa fin.

Estamos polo tanto, nunha crise de civilización. Outra cousa é que igual que na Idade Media, ou no Antigo Imperio Romano, o Capitalismo vaia esmorecendo lentamente. Por iso, é necesario acumular novas forzas para o cambio desde a esquerda. Así aconteceu no París de 1789, onde as forzas democráticas enterraron o Vello Réxime; así aconteceu en todas as grandes revolucións do século XX.

Mentres tanto, os sindicatos de clase en España teñen razón ao oporse a un novo desregulamento do mercado laboral tal como plantexa a Patronal e os sectores neoliberais, que controlan poderosos instrumentos ideolóxicos como o Banco de España ou os principais medios de comunicación.

Desde as Institucións políticas, sexan estas estatais, autonómicas ou locais, deben apostar polo aumento do emprego público fixo e de calidade. O gasto social, non é un gasto, senón un investimento produtivo que redunda en beneficio da sociedade.

Convocados estamos este Primeiro de Maio. Polo emprego con dereitos e a garantía das nosas pensións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s