Atento: Deslocalización

Atento LogoAo principio foi a privatización de Telefónica que, co discurso dunha suposta mellor xestión empresarial, a libre competencia e o beneficio dun mellor servizo para os usuarios; quedou en mans duns empresarios amigos do poder político de entón.

Tras a externalización dos servizos da empresa e o peche das súas oficinas de atención aos usuarios – en Ferrol ubicada no seu día na Avenida de Esteiro – trouxo o nacemento de empresas subcontratadas. Mais os usuarios non percibiron beneficios e os novos traballadores precariedade laboral, redución de salarios e regresión nos seus dereitos.

Pero, nesta aldea global as ansias exponenciais de redución de custes e enriquecemento rápido traen para a filial de Telefónica, “Atento” na Coruña – na maioría dos casos teleoperadoras – o despedimento de dous centenares de traballadores, en liña cos despedimentos masivos desta empresa por toda España, pola deriva do seu traballo a países como Marrocos ou latinoamericanos como Perú e Colombia.

Esta noticia, é unha máis, que nos últimos tempos saltan xa con moita frecuencia aos medios de comunicación e vemos que noutros sectores (automóbil, por exemplo), no mellor dos casos a deslocalización retrásase cunha redución de salarios e dereitos sociais; que poden acabar provocando nas nosas sociedades a regresión económica, como así salientaban hai pouco dende a Comisión Europea, por mor dun retroceso no consumo cidadán.

Moita da responsabilidade reside nunha inadecuada resposta por parte dos axentes sociais e institucionais. A deslocalización parcial ou total das empresas non pode despacharse como unha simple redución ou cese da actividade económica, senón, como o que é: unha quebra fraudulenta da empresa por causa da ambición desmedida.

Ante estas quebras fraudulentas son necesarias tomar medidas que obriguen ás empresas a ter unha verdadeira responsabilidade social – máis alá da propaganda – coas sociedades nas que están. Dende maiores indemnizacións e garantías de recolocación dos traballadores; sancións, recuperación dos beneficios fiscais, tributarios e das subvencións; medidas que incidan na participación sindical na xestión conxunta das empresas; até chegar, en determinados casos á reconversión da actividade e da titularidade privada en colectiva dos afectados.

As empresas abandonadas polos empresarios e recuperadas polos propios traballadores ao longo de América do Sur é un camiño a explorar, tamén, nos casos de deslocalización en Europa.

As sociedades democráticas deben caracterizarse pola defensa dos sectores máis débiles e do benestar colectivo. Os intereses dos cidadáns están por riba da cobiza dos consellos de administracións que só responden ante os seus accionistas. A precariedade económica é unha agresión á democracia, á igualdade e caldo de cultivo para a fractura social.

A defensa do emprego estable e de calidade, xunto con proxectos empresariais con verdadeira responsabilidade social e non ficticia, son parte dun ben colectivo que hai que protexer e antepoñer aos intereses de aqueles que entenden a actividade económica como depredadores.

Ademais, no caso de “Atento”, estamos a asistir a outro perigo para os intereses dos usuarios; e que dende a Axencia Española de Protección de Datos deberían explicar como se pode transferir, por indicación de Telefónica, datos persoais de carácter identificativo, características persoais, circunstancias sociais, detalles dos empregos, información comercial e de consumo, datos económicos financeiros e de transaccións dos seus clientes; información sensible a países sen as garantías necesarias ou accesibles aos usuarios españois.

Precarizar os servizos telefónicos implica, tamén, precarizalos dereitos dos consumidores. Está moi claro que aquí os intereses dos traballadores de Atento Teleservicios e dos usuarios de Telefónica son os mesmos.

Por iso, é necesario a solidariedade cos traballadores de Atento Coruña e, por parte das Autoridades políticas e laborais unha intervención contundente (aquí si) contra as decisións da empresa e de quen a ampara, Telefónica.

 

En Español

Na Rede de Blogs Socialistas

 

 

5 opinións sobre “Atento: Deslocalización

  1. Gracias por unha análise tan certeira. De feito, coma ti mesmo indicas, dende a deslocalización de Jazztel este vrao estamos a organizarnos no senso que indicas no teu post.

    Invitámosche a visitar a nosa web e a poñerte en contacto connosco se queres implicarte máis a fondo no asunto.

    Moitas Gracias

    Coordinadora Unitaria Traballadores do Telemarketing

  2. He leído su artículo dentro de la Red de Blogs Socialistas, ya que como desconozco el Gallego. He de decirle que estoy de acuerdo con usted. Es necesario una mayor defensa de aquellos que lo requieren, como los trabajadores, que se ven despedidos por ese ansía de las empresas, como indica, de ahorrar, ¿pero que una empresa nacional se beneficie despidiendo a los propios trabajadores de su “lugar de nacimiento”, como Telefónica, es lo correcto? No.
    Los Gobiernos, y más el que tenemos, como “social” que es, debería intervenir más, y parar los pies a estas empresas, que por beneficios propios, perjudican a municipios enteros y, aunque no se lo crea, al consumidor. Sé por experiencia propia que los trabajadores, por ejemplo, sudamericanos no son tan bien preparados como los españoles, lo que a la larga, también perjudica al cliente.

    Sin más, reciba un cordial saludo

    Adrián Heras | Shuco

    http://shuco-politica.blogspot.com/

  3. Agradezo ambos comentarios:
    En canto aos compañeiros da CUTT xa coñecía o voso blog (http://www.deslocalizacion.com). A deslocalización e a recuperación de fábricas son temas que sigo con interese. Ademais, como non teño problemas de sectarismo ideolóxico, nin de siglas – á marxe da miña militancia en MCA-UGT – intento ler de todo. O importante é lograr iniciativas que sirvan de apoio aos traballadores, e desde a esquerda buscar vías de avance das nosas ideas por outro mundo que é posible.

    En cuanto a Adrián. Agradezco también tu comentario. Es cierto que en Atento Teleservicios una buena parte de la plantilla son mujeres universitarias, quizás eso refleje mucho mejor el retroceso social en Europa. La capacidad técnica no garantiza nada.
    Pero, no creo que los sudamericanos o africanos estén peor preparados. Muchos de los que llegan sin papeles, o ya están aquí legalmente, son universitarios. En Galicia, la mayoría de ellos tienen estudios superiores a la media gallega (hoy en la edición gallega de El País).

    En cualquier caso, el problema es mundial. Los que vengan, o se queden “allá”, no nos sacan nuestro trabajo. Es un problema de cambio de civilización, de agotamiento de este sistema social. De superar “el fin de la historia”. Hacer factible nuestro programa máximo como socialistas democráticos. Los trabajadores hemos alcanzado nuestra mayoría de edad.

  4. Y la vergüenza de que la empresa Atento reciba subvenciones públicas en Jaén (plataforma de teleoperación pendiente de apertura) y León.
    Desde las “izquierdas” socialistas sentimos vergüenza, mucha vergüenza.
    Los gobiernos de Zapatero y Chaves no pueden consentir semejante desatino.

    Salud y siendo el día que es VIVA LA REPUBLICA

Deixa unha resposta a CUTT Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.