Novás e Torregrosa en Valdoviño

Novás como xa sabedes é o autor, tamén da ilustración que leva de portada a novela “Abordajes”, editada por Edicións Embora, cuxo autor e José Torregrosa.

Se queredes tamén podedes este venres 11 de agosto, a partir das 20.30 horas asistir á presentación, no marco da exposición do propio Víctor, desta novela. Este acto está organizado conxuntamente pola Asociación Fuco Buxán e a Concellería de Cultura do propio Concello de Valdoviño. Será presentado polo prologuista da novela Luís Molist e por “Lalán”, presidente desta asociación cultural.

Tanto a exposición de Víctor Novás como a propia novela de José Torregrosa son dun interese especial que merece a pena que fixemos a nosa atención e lles dediquemos unha parte do noso lecer veraniego.

Cando menos distraerannos por uns intres da preocupación por eses lumes que asolan a nosa Terra.

P.D.: Na foto de desde a esquerda, Víctor, Torregrosa e Molist.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.