Galicia contra o lume: Santiago, o 20 de Agosto

Da páxina da Xunta de Galicia puiden descargar a mensaxe íntegra do Presidente Touriño. Aínda que non extenso, sen dúbida é un discurso moi importante. Marca as liñas básicas de cómo vai a actual Xunta a enfocar a recuperación medio ambiental e do patrimonio natural que foi arrasado estes días por incendiarios que obviamente odian a esta terra, e á nosa xente.

Á marxe da existencia ou non de tramas organizadas, a verdade é que ademais da intención, tense que dar as condicións para poder propagar o fogo con este nivel de pánico cidadán e ataque ás infraestruturas e cidades de Galicia.

Hoxe xa ninguén dubida de que o bipartito herdou unha Galicia enferma no eido forestal e medio ambiental. A política forestal e de ordenación do territorio non se improvisa, senón que é obra de moitos anos.

Por iso, resulta abafante a actitude do sr. Rajoy, que pretende facer moito ruído para agachar as responsabilidades da nefasta xestión do PP no rural durante máis dunha década. Tamén, resulta ridículo, por non usar termos máis grosos, o posado fotográfico do sr. Núñez Feijoo mangueira en man, especialmente, cando sabemos que uns trinta alcaldes do PP negáronse este ano a renovar as cuadrillas contra incendios, porque a Xunta lles esixía maiores controis na contratación.

Desde o PP deberan ter máis respecto pola cidadanía. O problema que teñen é que poñan como se poñan estamos fartos da crispación e dun Rajoy enfadado que ven rifar aos galegos por botalos nas últimas eleccións galegas. O PP aburre.

A transparencia informativa da actual Xunta mitigou en gran parte o oportunismo do PP, e tamén os erros iniciais que tiveron ante a envergadura do problema. Outra gran lección para os “populares”.

Máis, é necesario que pronto se sustancie o Acordo Nacional contra o Lume e pola recuperación da Galicia verde. Un acordo que debe obrigar ás forzas parlamentarias a traballar xuntas no deseño da Galicia que queremos, que permita unha repoboación axeitada con especies nobres e menos eucaliptos, que necesariamente debe contar coas asociacións de defensa dos montes e a implicación do conxunto da sociedade civil.

Preocúpame que fagamos o diagnóstico correcto para que tomemos a medidas axeitadas na recuperación medio ambiental, na prevención do lume e na ordenación do territorio. E para iso fai falla escapar da crispación que algúns pretenden introducir en Galicia. Imponse a colaboración de todos… e que caiga o peso da Xustiza sobre os incendiarios.

O domingo 20, Nunca Máis, que nos representou como pobo durante o “Prestige” fronte a impostura de Rajoy, Fraga e Aznar, reactiva a nosa conciencia colectiva convocándonos a unha manifestación en Compostela, ás 12 na Alameda, a prol dos nosos montes. Debera ser unha gran mostra da determinación e unidade dos galegos para afrontalo futuro. ¡Lumes, Nunca Máis! ¡Incendiarios fóra da nosa terra!

En español
Unha referencia: “Todos somos galegos” no blog de Jordi Pedret

Unha opinión sobre “Galicia contra o lume: Santiago, o 20 de Agosto

  1. Estimado amigo: Moitas gracias por visitarme. Neste intre fago enlace contigo no meu blog coa fin de non perderme a actualidades de ningún dos teus educativos e estimulantes artículos. Non dubides que o vindeiro domingo, eu e máis as miñas amistades berraremos por ti na manifestación contra o lume. Unha aperta
    Rosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.