[ ] Se se acabase a morte non podería haber resurrección, e se non houbese resurrección, entón non tería sentido existir a igrexa. Ora, sendo esta, pública e notoriamente, o único instrumento de laboura de que deus parecía dispor para labra-los camiños de que deberían conducir ao seu reino, a conclusión obvia e irrebatible é de que toda a historia santa termina inevitablemente nun lugar sen saída. Este ácido argumento saíu da boca do máis vello dos filósofos pesimistas, que non ficou aquí e acrecentou acto seguido, As relixións, todas elas, por máis voltas que lles demos, non teñen outra xustificación para existir que non sexa a morte, precisan dela como o pan da boca. Os delegados das relixións, non se incomodaron, nin protestaron. Polo contrario, un deles, conceptuado integrante do sector católico, dixo, ten razón, señor filósofo, para iso mesmo é que nós existimos, para que as persoas leven toda a vida con o medo colgado ao pescozo e, chegada a súa hora, acollan a morte coma unha liberación, O paraíso, Paraíso ou inferno, ou cousa ningunha, o que pase despois da morte impórtanos moito menos co xeralmente crese, a relixión, señor filósofo, é un asunto da terra, non ten nada que ver co ceo, Non é o que nos habituaron a ouvir, Algo teríamos que dicir para tornar atractiva a mercadoría. Iso quere dicir que en realidade non acreditan a vida eterna, Facémonos de conta. Durante un minuto ninguén falou. O máis vello dos pesimistas deixou que un vago e suave sorriso se lle espallase na cara e amosou o aire de quen tiña acadado de ver coroada de éxito unha difícil experiencia de laboratorio. Sendo así, intervindo un filósofo da ala optimista, porqué vos asusta tanto que a morte teña acabado, Non sabemos se acabou, sabemos apenas que deixou de matar, non é o mesmo, De acordo, mais, unha vez que esa dúbida non está resolta, manteño a pregunta, Porque se os seres humanos non morresen todo estaría a ser permitido, E iso sería malo, preguntou o filósofo vello, Tanto como non permitir nada. Houbo un novo silencio.
José Saramago, As Intermitencias da Morte, Ed. Caminho, páx.38.
Sobre el tema de la religión como instrumento de opresión, en concreto de la religión cristiana, siempre me ha parecido un título muy clarificador”Por qué no soy cristiano” del promemio Nobel Bertrand Russell, que está traducido al español y editado en Edhasa.
Su lectura resulta cada día más pertinente.