Unha reflexión post electoral desde Ferrol

Estes días ando mirando os resultados electorais nos breves momentos dos que dispoño. É unha costume que teño xa que, normalmente, sirve para ver as tendencias dos votantes, de onde a onde van e porque sube un partido ou baixa o outro. Creo que unha vez máis amosan que o PSOE para gañar ten que facelo pola esquerda, e que practicamente non hai transvase entre as esquerdas e as dereitas; a diferenza do dito por Soraya Sáenz de Santamaría e, posteriormente por Mariano Rajoy tras anunciar a súa continuidade ao fronte do PP. Opinións contrarias ás emitidas por Gabriel Elorriaga que dicía ao Financial Times: “Sabemos que eles nunca votarán por nós, pero se podemos sementar bastantes dúbidas acerca da economía, a inmigración e as cuestións nacionalistas, entón, quizais eles queden na casa”.

Polo tanto, ¿de onde sae esa suba de catrocentos mil votos do PP? Se collemos a lexislatura da maioría absoluta de Aznar veremos que Rajoy, recupera parte de eses case seiscentos mil votantes que non recibiu hai catro anos, ademais, están os votos que recibe en Andalucía procedente da dereita andalucista do PA, probablemente, máis de cen mil. É dicir, que en teoría Rajoy aínda non chegou ao teito electoral da dereita española.

Quizais o máis salientable é co PSOE sácalle votos a IU e ERC, pero non logra mobilizar a unha parte do electorado de esquerdas que queda na casa. Esa é a miña impresión.

Neste senso non é bo que quen ten sido un socio preferente non capitalice a súa achega. Para eles é moito máis fácil chegar á conclusión de que os pactos cos socialistas lles prexudican a reflexionar sobre as súas eivas estruturais. Non coñezo a realidade catalá, pero no caso de IU, á marxe de que se ben é certo que o sistema electoral failles dano, o seu é a falta dun proxecto político claro para España. ¿Son socialdemócratas, ecosocialistas, trotskistas, radicais, ácratas, nacionalistas, federalistas, que son? Xunto coas loitas internas polo reparto do seu escaso poder institucional.

A posible desaparición de IU abre a perspectiva de que un amplo sector de votantes de esquerda, que non van vir ao PSOE, queden sen representación. Ademais, unha forma de afortalar o sistema democrático é facer participar del a cantas máis persoas e opcións. Así mesmo, tendo en conta que algún día o PP xirará cara á moderación – se quere gobernar- este acabará entendéndose coas dereitas nacionalistas, coas que a pesar de todo, comparten un mesmo modelo de sociedade e xa gobernaron. É dicir, a falta de IU obrigaría, nese futuro hitopético ao Partido Socialista, a depender da procura da maioría absoluta.

Sigo a pensar que foi un erro o apoio a Manuel Fraga a partir de 1982 co obxectivo de fomentalo bipartidismo, evitándolle ao PSOE competidores polo centro e pola esquerda. Hoxe a existencia dun partido centrista obrigaría a moderarse a esta dereita radical nacional católica e permitiría abrir o abano de pactos máis alá dos grupos nacionalistas periféricos, ou do amplo grupo mixto.

Habería que facer unha análise máis fonda de porque tivemos tantas dificultades nesta campaña, cando esta foi, probablemente, unha das lexislaturas máis progresistas, tanto no eido social como no eido dos dereitos das persoas. Eu apunto, alomenos catro razóns: a) A aposta por parte do aparato e dos cargos públicos do Partido Socialista, basicamente, polas Institucións; b) A intercomunicación cos cidadáns a través da prensa, maioritariamente, de dereitas, e non a través das agrupacións locais e dos movementos sociais; c) un duplo discurso que por momentos chega moi confuso aos cidadáns, por unha banda, un netamente de esquerda en materia social, fronte a outro monetarista e de déficit cero, neoliberal; d) o discurso progresista da España plural non só ten enfronte á idea de nación tardofranquista do PP, senón que destacados membros do PSOE fan de proa contra Zapatero, neste eido.

(Sería tamén interesante analizalos erros dos socialistas en Madrid, que probablemente beneficien a Rosa Díez nesa Comunidade, xunto co seu discurso patrioteiro, a diferenza dos seus pobres resultados nas restantes circunscricións españolas).

Pero, o certo co PSOE é o partido que máis se parece a España: 1) Ten un desenvolvemento uniforme ao longo do Estado, sendo goberno ou con opción de gobernar en todas as Comunidades Autónomas. 2) É o representante da maioría social no senso de que representa á maioría das clases traballadoras españolas e dos sectores máis dinámicos das clases medias asentadas. E 3) Sigue a ser o Partido que está a transformar a realidade española, desde a restauración da Democracia en 1978.

Para finalizar este apartado, dicir que me inclino por un goberno de Zapatero en minoría con apoios preferentes no amplo grupo mixto (IU, ERC, BNG e NaBai; resúltame difícil encadrar a Rosa Díez dentro do campo progresista) e acordos en materia autonómica e antiterrorista, tamén con CiU e PNV. Xa veremos que fai nestes derradeiros asuntos o PP mariano. E probablemente os dous deputados de Coalición Canaria poidan, por momentos, cubrir a falta de acordo con outros do propio grupo mixto.

Os resultados galegos

A baixada electoral do PP galego, xunto co resultado do BNG, van na liña de afianzar a renovación do mandato da Xunta de Galicia presidida polo socialista Emilio Pérez Touriño. Mais, non está xa vendido todo o pescado, de cara as eleccións autonómicas de 2009 no noso país.

Desde a Xunta deberan implementalas aquelas políticas que marcan a prioridades sociais, a comunicación coa poboación e os movementos sociais, e solucionar as eivas herdadas do fraguismo; algunhas coma Reganosa son unha ameaza permanente para a estabilidade política en Galicia (os USA acaban de prohibir todas as plantas de gas en terra firme); así como buscar un diálogo fluído e receptivo coas demandas dos colectivos sociais que conforman, por exemplo, “Galiza non se vende”. Entre outras cousas, porque representan a sectores que son a súa base electoral, e por dicilo graficamente, son colectivos “formadores de opinión pública”.

O Partido dos Socialistas de Galicia quedou a menos de seis mil votos de poder arrancarlle o cuarto deputado pola Coruña ao PP (para quen non saiba como se fai o reparto segundo a Lei D’Hont só ten que ir dividindo o número final de votos de cada partido da circunscrición electoral polos deputados a elixir, para finalmente, coller os dividendos maiores até completar o número de deputados asignados á provincia).

Iso evidencia dúas cousas. A primeira que a presenza de César Antonio Molina cuantitativamente non aporta máis votos aos socialistas. A falta dos votos da emigración o PSdeG – PSOE saca case sete mil oitocentos votos menos (Rosa Díez saca na provincia algo máis de catro mil trescentos votos).

A segunda é que a pesar dos bos resultados dos socialistas na comarca de Ferrol, ao ser desprazado ao cuarto posto Xavier Carro, quedamos sen deputado. Resultando elixidos dous deputados e un senador da cidade da Coruña (respectivamente: C. A. Molina, Carme Marón e Javier Losada) e outro deputado de Compostela (o amigo Ceferino Díaz).

Onde si se capitaliza a presenza dunha Ministra foi en Ourense, onde a candidatura socialista encabezada por Elena Espinosa aumenta seis puntos e medio (uns sete mil setecentos votos, a falta do voto emigrante) e consigue empatar a dous deputados co PP.

Resultados electorais xerais 2008

Tradución ao español

10 thoughts on “Unha reflexión post electoral desde Ferrol

  1. Una analise moi realista da situación.

    Eu creo que tamén hai que ter en conta la hipercriticidade dunha base social ámplia do electorado progresista e de esquerdas. Movilización que debe sustentarse no traballo de moitos meses (por non dicir anos)

    De todas formas eu quería incluir un novo elemento de conversación.

    ¿ Son as estructuras partidarias acordes ao S. XXI? ¿ Acaso istas soamente sirven coma elementos estructurais e funcionaís das 15 xornadas de campanha electoral, ou estas deberían amoldarse a unha necesaria cercanía e proximidade permanente coa cidadanía?

    Neste senso, os/as socialistas sempre estivemos ao fronte das innovacions, e ainda que estamos en Galicia ( polo tanto o recurrido tópico de que “nin subimos nin baixamos”) deberíamos poñer en práctica algún tipo de laboratorio que fose eficaz para os intereses do noso partido.

    Unha aperta Manuel, gran post, (desculpa o meu mal galego escrito)

  2. Duas achegas:
    1. O graneiro eleitoral non é estático, te esquences dos 1,7 millóns de novos votantes (ou cando menos posibles votantes) que houbo, que maioritariamente (segundo o CIS) preferían PSOE, pero nos que a dereita tamén pescou arredor dunha cuarta parte deses novos votos. Isto tamén leva a pensar que a abstención crítica co PSOE foi más alta do que se pensa entre os que votaron socialista no 2004, pero quedou maquillada por uns poucos centos de miles de novos votantes.

    2. Ao PSdeG non lle faltaron 6.000 votos para que Carro saise deputado. Lle faltaron 23.838 (sen ter en conta o voto emigrante). Non confundas os cocientes cos votos.
    E moitos deses 23.838 habería que buscalos por Compostela, onde por certo si conservan o deputado.

    No resto de asuntos concordo moito coa túa análise.

  3. Estimado amigo:

    Comparto las tesis centrales de tu análisis, y me parecen especialmente acertadas las indicaciones sobre las carencias principales del Partido, aunque no estoy de acuerdo, al menos tal como lo formulas, con que exista un doble discurso en lo social y lo económico, lo que ocurre – me parece – es que no se explica bien el engarce del rigor presupuestario con las políticas sociales que se propugnan.

    En cambio no puedo estar más de acuerdo contigo en lo referente al excesivo peso de la política institucional, que por otra parte es imprescindible, y en el aspecto de la comunicación con los ciudadanos.

    Ahí te consta lo que pienso, y lo que intento practicar, sobre la política en la calle y en las organizaciones sociales, para no olvidar nunca para qué y para quien hacemos política.

    Una aperta,

    Jordi Pedret

  4. Enrique: Grazas polo comentario. Hai tempo que non nos vemos, a ver si un día vén Jordi e facemos aquela comida que “nos debe” aí en Compostela.
    Xaime: revisarei os datos, probablemente haxa erros, pero en fin creo e supoño que ti tamén, Ferrol e a comarca tiña que ter representación no Congreso. Quizais haxa que facerse a autocrítica do por qué non íbamos en lugar seguro.
    Jordi: Hay un libro de Vicenç Navarro titulado “El subdesarrollo social de España” que refleja parte de lo que quiero decir. En cualquier caso, creo que debieramos, entre otras cosas, ir a un sistema tributario progresivo y no pasa nada si hay déficit si este es para invertir en infraestructuras, educación, sanidad… Recuerdo las críticas de Solbes a los Ministros que hablaban de mayor inversión social. Pero, también es cierto que no sabemos explicar ni nuestra política económica, ni nuestras leyes sociales. la Ley de Dependencia, por si sóla tendría que tener movilizado a una mayor parte de nuestro electorado, y no fue así. Saludos fraternales.

  5. Estimado Manolo:Argumentas no conocer lo suficiente la realidad politica de Cataluña,pero lo cierto es que bajo pequeños matices nacionalistas no discrepa mucho de la realidad del Estado.Me explico:El tan cacareado éxito de CIU,no es tal si tenemos en cuenta que el voto de derechas y centro en Cataluña lo capitalizan ellos y recordando que en tiempos de Pujol disponian de 18 diputados.Lo de Esquerra es un fenomeno natural,vuelven a sus origenes,lo de 8 diputados fué algo momentaneo debido en parte al debate politico del PP en Cataluña y el tema del Estatut.Esquerra representa a una pequeña burguesia de semi-intelctualoides y sectores de payeses que nada tienen que ver con la mayoria de personas que trabajan y sufren los mismos problemas que el resto de los trabajadores del Estado.El éxito del PSC no es causa de su politica,puesto que en nada han hecho méritos para merecer este respaldo.Más bien habria que achacarlo al desmérito de las otras opciones politicas y máxime al PP y su ataque hacia las comunidades históricas.El Triparti con Montilla al frente no ha resuelto ni un sólo problema serio,ni en vivienda,sanidad,educación e infrastucturas.Montilla,el mudo,como se le conoce por aqui,no ha resuelto un gran problema como el de las comunicaciones,tenemos la autopista más antigua del Estado,insuficiente,rebacheada y cara.Los trenes,mucho AVE,y en la zona metropolitana,cercanias y regionales que usan el 90% de la población insuficiente y tercer-mundista.Lleva más tiempo de Barcelona a Vic qe de Barcelona a Madrid.Por último que a la clase trabajadora con este sistema electoral no le queda más remedio que votar al PSOE a pesar de su politica cicatera

  6. Non creo que se poda afirmar que o PSOE teña medrado nestas eleccións a costa de IU e ERC.
    Esa afirmación forma parte da nova táctica de intoxicación informativa posta en práctica polo PP,xa o día seguinte das eleccións.
    Fixádevos na súa mensaxe: “O PSOE fai unha viaxe hacia posturas nacionalistas e radicais ao herdar os votos de IU e ERC, mentras que nós viaxamos cara o centro herdando nada menos que 400.000 votantes descontentos do PSOE”

    Sen embargo observade:

    ¿Medrou o PSOE a conta de IU?
    Dos 3 escanos perdidos por IU nestas eleccións, 2 foron en CCAA onde o PSOE tamén perdeu votos e escanos: Madrid e Valencia. Nas cales o PP subiu 2 escanos.
    IU perdeu 321.000 votos espallados por toda España. A pesares de ser a 3ª forza en votos, acada tan só 2 escanos.
    Se a isto engadimos a perda de votos en xeral para todas as forzas minoritarias que tiñan representación no parlamento, (agás o BNG), así como o aumento de votos a partidos pequenos e novos partidos que non acadan representación parlamentaria, quen realmente se beneficiou desa situación foi o BIPARTIDISMO, é dicir tanto o PSOE como o PP.
    E ¿qué me dicen da abstención? nesta ocasión votaron 731.841 personas menos que no 2004.
    ¿Qué pasa, para os señores do PP non é posible que os votos perdidos por IU e ERC non foran parar ahí?

    Ben, vexamos qué aconteceu en Catalunya. ¿Pódese afirmar que medrou o PSOE a conta de ERC?
    O primerio que podemos observar é que en Catalunya a abstención medrou pasando do 24% ao 29%, tamén aumentaron os votos nulos e brancos.
    Nestas eleccións votaron 302.000 personas menos, e das que votaron 57.200 foron votos en branco, e 20.000 foron nulos.
    Tamén aumentou o número de votos en forzas pequenas de esquerda que non acadaron formación parlamentaria, e o número de partidos pequenos presentados.
    Este escenario é favorable aos grandes partidos para o reparto de escaños, e era sabido que o incremento de abstención era de interés para o PP. De feito en Cataluña o PP subiu 2 escanos a pesares de perder votos respecto a 2004, (CiU tamén tiña subido un escano perdendo votos, antes do reconto dos emigrantes), e o PSOE subiu 4 escanos pese a aumentar tan só 95.000 votos.
    (¡95.000 votos é o que perdeu o PP en Galicia, o que lle supuxo un escano menos!)
    Pois ben, así as cousas, ninguén pode afirmar a onde foi parar o voto perdido por ERC, ó PP lle interesa espallar por ahí a idea de que foron herdados polo PSOE, pero dos datos non se poden obter argumentos irrefutables para soster esa afirmación.
    ¿Por qué non supoñer que eses votantes que perdeu ERC están espallados, entre os que quedaron na casa, os que votaron en branco, os que invalidaron as papeletas, os que votaron a outras alternativas de esquerda, partidos ecoloxistas, etc.? ¿Non ten máis sentido esta hipótese ca do PP? ¿Por qué habían votar os de ERC ao PSOE? ¿non decían sentirse enganados polo mesmo?
    Claro que a o PP lle interesa que se transmita pola sociedade a idea de que o PSOE se radicaliza, mentres que eles se consolidan no centro. Juas.

    Saúdos

  7. Los Ferrolanos sabemos que no necesitamos un socialista de la comarca en Madrid porque Cesar antonio Molina defenderá nuestros intereses igualmente, ya que aunque tardó un casi un año en venir a recoger el Premio Letras de Bretaña y lo hizo en su periplo de precampaña ahora ya sabe donde queda la ciudad y que no se lo tenemos en cuenta

  8. Querido Eloi,no me caracterizco por ser del PP ni ser un ingenuo,pero lo de Cataluña,sin echar números,es tal como lo reflejo.En Cataluña,la mayoria de la población,es clase trabajadora y como tal responde politicamente.La campaña de CIU ha sido la tipica de la derecha,inmigración,defensa de la familia,la ley y el orden,lo malos que habían sido los socialistas con Cataluña.Pero para la mayoria de la población en estos comicios,se jugaban otra cosa,izquierda o derecha.Esto en Cataluña es especialmente relevante,donde la campaña del se rompe España del PP,del anticatalanismo rancio y otros ataques del PP son vistos con auténtica repulsión.En estas elecciones el PSC ha agrupado el voto anti PP,cuando en ls anteriores elecciones estuvo más repartido entre el PSC,ERC e ICV.EUiA.La agrupación del voto obrero y por lo tanto anti-derechas se ve claramente en los datos por distritos en Barcelona ciudad.En distritos obreros como Sant Andreu,Sant Marti,Sants,el PSC ha pasado de un 40-43% a un 48-49% Nou Barris de 50,9% a 55,5&.En el cinturón industrial de Barcelona esta tendencia se acentúa.El PP sigue sin conseguir representación en Girona,CIU pierde unos 60.000 votos con un porcentaje del 20,9 lejos del 30% que había obtenido en legislaturas anteriores.Por lo tanto hay una caaida del voto de derechas,CIU y PP pierden 84.000 votos respecto a las elecciones del 2004.ERC pierde la mitad de los votos pasando de 638.902 votos a 289.927 .Por lo tanto donde van esos votos? pues muy fácil,a la abstención unos y otros a frenar a la derecha,puesto que Esquerra durante la campaña hizo un programa y un discurso muy similar al de CIU.ICV-EUiA han perdido una cuarta parte de sus votos pasando 234.790 a 181.753,su caida se debe a que no son vistos como algo diferente o más a la izquierda que el PSC.Conclusión:La clase obrera y la juventud en Cataluña han votado masivamente contra la derecha a pesar de la politica nefasta del Triparti

  9. Hola Nicasio
    Interpreto que consideras mi mensaje respuesta al tuyo inmediatamente anterior, pero no es el caso. Respondía al que encabeza este hilo.
    De todas formas haré algunas aclaraciones:
    Mi intervención no es, ni pretendía ser, un análisis sociopolítico de Cataluña. Es un análisis, si quieres, puramente “matemático” de los resultados, y del mismo concluyo que esa “teoría” del PP (“El PSOE se hace con los votantes de IU, y de ERC, mientras que nosotros le birlamos 400.000 descontentos”) no tiene pies ni cabeza.

    IU perdió un escaño en la provincia de Valencia, donde el PSOE también perdió votos.
    Otro lo perdió en Madrid, donde el PSOE perdió votos y un escaño.

    En Cataluña el PSOE aumentando en 95.000 sus votantes, logra aumentar 4 escaños, mientras que los votos en total perdidos por ERC más IU son 392.000.
    A su vez si observamos la diferencia de [abstención + votos blancos + nulos], respecto a 2004 tenemos que en estas elecciones ha habido 330.000 más.
    Si nos fijamos en los votos que fueron para pequeños partidos, en el 2008 hubo aproximadamente 55.000 más que en 2004. ( No sé con exactitud cuántos de estos partidos son de izquierda y cuantos no, pero con tiempo se puede mirar y deducir cuantos de esos 55.000 votos más, fueron voto de izquierda)

    En definitiva, efectivamente podemos decir que 95.000 personas más que en 2004 se volcaron para ayudar al PSOE en su pugna con el PP, estoy de acuerdo contigo: clase obrera y juventud. Pero esa subida de votos no es para echarse muchas flores si tenemos en cuenta que estamos hablando de la segunda comunidad más poblada de España. Otra cosa es si lo planteamos en escaños.
    Habría que tragarse muchos cuentos chinos (en una CCAA donde el PP sube 2 escaños perdiendo votos) para dar por buena su interpretación de que el PSOE sube tragándose los votos que pierden ERC + IU ( de 392.000 votos perdidos estamos hablando).

    Por otro lado comentar que desmentir esas afirmaciones malintencionadas del PP, no significa para nada que comparta su mensaje de que ERC o IU sean radicales de extrema izquierda.
    Es increíble que se haya logrado consolidar en la sociedad española, como si fuera un axioma, la idea de asociar republicanismo con radicalismo. Ser republicano, ya no es que sea legítimo, es que es más racional que ser monárquico.

    Saludos

  10. Comparto en gran medida a túa analise acerca das últimas eleccions xeráis e tamén, como fillo de emigrantes, obervo gratamente o voto progresista da emigración.

    En canto os partidos políticos españois, comparando con Alemania, país no que residín 18 anos e cuxa política levo seguindo dende que estou vivindo aqui, gustaríame facer unha comparación, se se pode, aínda que estas son odiosas.
    O SPD alemán podemoslo, evidemnte comparar ó ‘noso’ PSOE, mentras que o CDU, a union cristiana-democrática e o CSU, a union cristinana-social en Baviera (dase aqui unha división muy forte no partido, debido o carácter rexional ou nacional de Baviera) ocuparía o lugar que en España ten o PP.
    Tamén cabe sinalar que mentras que en Alemania o CDU/CSU é un partido cristián, inclué membros protestantes como amesma cancillera Merkel, o PP está, evidentemente contraolado polo catolicismo.
    Concluíndo cos partidos, temos en Alemania os verdes e ‘Die Linke’ (A Esquerda) que podríamos inluir aqui en IU, pero con máis forza en Alemania.
    Destacable é a presenza do FDP (O Partido Democrático Libre, que se podría decir partido clásico de centro e que fixo coalicions de goberno con cada uns dos primeiros.

    Bueno, ó que quero chegar e perdoame a extensión, e en parlamentos ‘auntonómicos’ rexionais a presenza de partidos de extrema dereita (NPD, DVU) que teñen un abanico de votos importantes en zonas castigadas.. e que ven como vía de escape o odio ou culabilización o foráneo, extranxeiro.
    Bueno, pois este papel en España quen o chega a ocupar? Os partidos de Falange, Democracia Nacional sumen apernas 100000 votos en todo o Estado, pero creo que hai máis xente de conviccions de extrema dereita. En España non podemos decir que existe un partido que canalice especialmente este sector, polo que creo eu que estos votos, especialmente despois de estes ultimos 4 anos na oposición do PP foron parar o PP.

    Agora que o PP reínicia a sucesión de Aznar dunha forma máis ou menos democrática (poucos partidos politicos o son) compre observar a quen designan e quen ocupa os postos clave no equipo de dirección do partido, non? Porque seguindo o paso cara a dereita que está dando o PP o PSOE tería como posibles votantes os desencantados de de centro.
    Ben me lembro de declaracións acerca da caida da calidade da atención en Urxencias debido os emigrantes ou o malo que son os camareros sudamericanos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s