Homenaxe de Galicia a Isaac Díaz Pardo

A AsociacSello Isaac Fuco Buxánión Cultural Fuco Buxán está a levar a cabo, a preparación dunha homenaxe ao seu socio de honra ISAAC DÍAZ PARDO, co fin de agradecerlle, nun gran acto público – contando coa representación das Institucións políticas, sociais, económicas e culturais – a súa xenerosidade e entrega de toda unha vida ao servizo das causas máis nobres de Galicia.

O acto central da Homenaxe Galega terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o 2 de marzo de 2007.

Ao abeiro deste acto, celebraranse varias mesas redondas e conferencias, sobre a vida e obra do homenaxeado e das outras personalidades que con el fixeron posible o Laboratorio de Formas de Galicia e demais entidades criadas no seu entorno.

Neste mes de febreiro de 2007, está previsto no Centro Cultural “Torrente Ballester” de Ferrol mostrar unha magna exposición antolóxica e ilustrativa dos temas citados.

Fuco Buxán, prega a toda a sociedade galega a colaboración precisa, para entre todos, facer realidade a digna Homenaxe a quen tantos merecementos atesoura.

En Ferrol, a 20 de setembro de 2006
Asociación Cultural Fuco Buxán

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.