Palestina foi a causa xusta e solidaria, e polo tanto, totalmente altruísta, que auto convocou a máis de quince mil galegos na nosa capital hai doce días1. Esta non foi unha convocatoria que se fixera desde ningún organismo oficial, nin tampouco os partidos políticos tiveron un protagonismo especial.
Foi a propia sociedade civil, unha ampla plataforma de asociacións cidadás, que a través do traballo en rede, organizaron esta enorme forza social. E polo tanto, produto da xeración espontánea ou dunha organización típica tradicional?
Agora, que xa estamos chegando ao día 1 de marzo, e estamos convocados para elixir – eu quero crer, reelixir – a un novo presidente da Xunta de Galicia e un novo parlamento autonómico, quizais sexa interesante lembrar que foi a carraxe do noso pobo, ante a desidia do derradeiro goberno Fraga e a súa xestión no naufraxio do “Prestige”, e que encheron de chapapote as nosas costas. E ademais, supuxo un revulsivo que cambiou o panorama político galego e deu lugar a unha das máis belas situacións que nestes casos casos pódese dar: os voluntarios e as xentes do mar, que coas súas propias mans lavaron a rochas e areas das nosas praias.
Foi ese movemento popular que botou ao PP á oposición e lle permitiu aos, hoxe dous partidos coaligados na Xunta de Galicia, PSdeG e BNG, abrir unha anovada etapa cara a outra Galicia que quere ser máis sociedade, que quere ser máis democracia avanzada.
E realmente, por si algo se caracterizaron – coincidindo coa dereita – o bipartito foi por non ter en conta, precisamente, ao movemento cívico do “Nunca Máis” e aos seus herdeiros. Para os partidos, este xa xogara o seu papel, e agora empezaba a ser molesto. Sobre todo, por se consolidaba a idea entre a poboación de que hai que fiscalizar a vida política. Esixir a cada un as responsabilidades que lle corresponde, tanto como goberno como na oposición.
Incluso desde o nacionalismo se combateu a unha parte da base social deste movemento. Non é anecdótico a ruptura do “ecoloxismo nacionalista” no País. Pero, a pesar de todo, os grupos de base, reorganizaron o seu traballo e incluso, xurdiron novas redes incómodas, pero necesarias: Galicia non se vende ou o propio Comité Cidadán de Emerxencia, consolidaron a súa presenza social.
Teño comentado que os partidos de esquerdas, especialmente o partido socialista, debe ter unha teima principal na relación coa sociedade, especialmente cos movementos sociais reivindicativos e alternativos. Estamos a facer o suficiente para asumir as demandas cidadás? Escoitamos aos movementos sociais? Entendemos, que entidades sociais como os diversos Comités e plataformas de defensas das nosas rías, ou contra a especulación urbanística, ou da memoria histórica, son aliados no necesario avance democrático? Entendemos que se considere que o cambio en Galicia vai lento? Sabemos que estes movementos son aliados estratéxicos nosos?
En calquera caso, é evidente que no dezaoito de xaneiro en Compostela, a sociedade galega – simbolizada no seu día tamén por “Nunca Máis” – segue viva. Afortunadamente para o conxunto da esquerda, e en especial do principal beneficiario até de agora: o Partido Socialista.
Viva Palestina libre! Viva o “Nunca Máis”!
1Especialmente relevante se temos en conta a relación porcentual coa poboación total de Galicia
15.000 es tan representativo en Galicia como 30.000 en la Comunidad de Madrid. Es decir: bastante poco.
Entretanto, en Congo, para darnos coltán para nuestros móviles, han muerto 1.300 multiplicado por miles; en Chechenia, ni se sabe; en la reciente invasión de Georgia por parte de Rusia, más; en Cuba se practica el apartheid interno (los cubanos tienen prohibido el acceso a las inmediaciones de los complejos hoteleros); etc. Y nadie se manifiesta. Aunque lo cierto es que seríamos menos de 15.000 en Santiago o de 30.000 en Madrid.
Evidentemente, pódese facer as comparacións que se queiran. Pero, ti sabes que despois de Madrid e Barcelona, onde tamén participaron o PSOE e o PSC, a manifestación galega foi a máis numerosa.
Fronte a iso, a convocada polo sectores afíns á Embaixa de Israel non superaban a centena de persoas en Madrid.
En todo caso,todos sabemos que si, esta foi unha manifestación moi importante, que superou as previsións de todos. Senón, fai un cálculo moito máis simple, pono en relación coa poboación de Santiago ou de calquera cidade galega importante.
Apertas e grazas por visitarme. Vémonos no facebook?