Megasa, 7º día de folga xeral

 

Onte 26 de setembro de 2008, sería un día máis de folga para os traballadores senón fose pola desmedida actuación policial. Algo que non veíamos desde as loitas dos anos oitenta dos nosos compañeiros do sector naval de Astano. De feito hoxe, e xa onte pola noite fumos portada dos diferentes medios de comunicación galegos.

Coma sempre o día iniciouse co paro total da produción e a primeira concentración ás sete da mañá, á entrada da fábrica (a anterior convocatoria foi o domingo 21 de setembro). Pero, antes da chegada de mandos e persoal administrativo das filiais da Empresa Matriz (as auxiliares non fixeron acto de presenza), houbo un desplegue policial tan excesivo que raiaba o ridículo.

Desde un primeiro momento, por parte do medio centenar de policías antidisturbios, era obvio que viñan coa idea de provocar unha resposta violenta, que poidera xustificar unha carga policial. Unha vez máis, a responsabilidade dos traballadores de Megasa foi determinante, permitindo mantela calma necesaria. Somos, ademáis, concientes de que a presenza dos medios de comunicación, axudou a frear a desafortunada intervención policial.

Os contrapiquetes policiais non so impediron ao Comité de Folga exercer as súas funcións, non so vulneraron a Lei de Folga; senón nun alarde militar foron a cincuenta ou sesenta metros a buscar aos pequenos grupos de persoal das dúas empresas filiais de Megasa. Algo, totalmente innecesario. En toda a existencia de Megasa Siderúrxica S.L. non hai ningún traballador/a que poida dicir que se lle impedíu a entrada ao traballo. O alarde foi tan dantesco que provocou as risas dos traballadores.

Outra mostra do mesmo aconteceu ás 15.30 horas. Nese momento, a parte das tres grilleras, acompañadas de outros vehículos, apareceron catro grilleras máis, obviamente, coas súas correspondentes dotacións. Baixaron, sacaron todo o equipamento, montaron unha especie de barricada, pero despois se preguntaron que facían eles alí. Na entrada da fábrica a esa hora, á sombra dunha árbore, só estaban os membros do Comité de Empresa. Optaron por desmontar o dispositivo e volver por onde viñeran.

Pero, volvendo á media mañá; hai que dicir que unha delegación dos traballadores acompañamos ao Comité nunha marcha pola Estrada de Castela, xa que o Alcalde e a totalidade dos Grupos Municipais (TEGA, PP, BNG e PSdeG-PSOE) tiveron unha entrevista para coñecer polo miúdo o por qué desde conflito laboral. O Sr. Xoán Gato, e a totalidade do grupos políticos do Concello de Narón participaron, posteriormente, nunha roda de prensa, xunto co Presidente e o Secretario do Comité de Empresa. Salientar a solidariedade recibida, e a petición de cordura á Patronal, así como ao propio Subdelegado do Goberno.

O Comité solicitoulle ao sr. Pose Mesura, actual Subdelegado, unha reunión para que nos explique o despliegue e os abusos policiais. Así mesmo, para o vindeiro mércores día 1 de outubro hai unha convocatoria por parte da patronal, que previamente vai a recibir ao Alcalde de Narón.

É a primeira vez que a patronal ten que dar explicacións pola súa actitude. Chegar a este conflicto, cando estamos por debaixo do convenio provincial, non ten explicación para unha empresa do tamaño de Megasa. Tampouco se entende a actitude do Subdelegado do Goberno. En todo momento estivo informado dos parámetros por onde ía discurrir as xornadas de folga. Quiso quedar ben coa patronal de Megasa? En fin…

Hai quen pensa que ademais pretendían facer escarmentar aos traballadores de Megasa, dentro dunha incipiente dinámica de conflitividade na sociedadea ante a crise social como aviso a outros colectivos. A mensaxe parece ser: “se a estos que son tranquilos os tratamos así, ao resto xa nin che conto”.

É evidente que hai moito malestar na sociedade naronesa pola actitude do Grupo Freire; pero, tamén hai moito malestar polo apoio político e militar do sr. Pose Mesura á patronal. Os traballadores tomamos nota da actitude desta Administración, e a UGT, tamén. En todo caso, a folga xeral de onte foi un gran éxito.

(Para ampliar as fotos, pinchade nelas)

5 opinións sobre “Megasa, 7º día de folga xeral

  1. Aínda que pareza un axente electoral da dereita, pois si. Non creo que sexa intelixente laminar a base electoral da esquerda, desde logo nin os directivos de Megasa, nin das filiais, votan ao partido socialista.

  2. Si, tes razón. Pero, máis o menos aquí nos coñecemos todos, e hai pouco marxe para a sorpresa. En calquera caso, a base electoral primordial do partido socialista, e así foi recoñecido no último congreso federal son os traballadores. E iso, tamén, se cumple en Megasa.
    Saúdos.

  3. Hoxe houbo reunión co Subdelegado. Foron 3 de UGT e 1 de CCOO. Houbo falta de comunicación entre a Subdelegación cara abaixo? Non sei. Veremos se a entrevista serve para que de verdade non se repita o acontecido este venres coa policía.
    A entrevista parece que foi positiva. Supoño que pronto o veremos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.