Barack Obama: ¿o cambio en marcha?

 

Levo días reflexionando sobre o que están a escribir os meus amigos Jordi, Iván e , quen aínda non coñezo persoalmente, Fariña sobre as primarias americanas. A min tamén gústame Barack Obama, pero non sei se é efecto do magnífico vídeo feito polo fillo de Bob Dylan, que tedes arriba, ou porque é negro. Quizais, porque representa a esperanza de cambio nos Estados Unidos. Porque, abre a porta á outra América que é posible. Pero, ¿é un vieiro adecuado para as nosas ansias de cambio nos EEUU ou só un espellismo, produto dos mass media e dos nos desacougos?

O certo é que Barack Obama non é de esquerdas. Forma parte das minoritarias clases medias asentadas, el é un representante da minoría de afroamericanos integrados na sociedade oficial americana. A esquerda, ou as diversas esquerdas, como os Socialistas Democráticos dos EEUU, son forzas testimoniais, á marxe de que haxa moitos movementos sociais de esquerda sen tradución electoral que traballan na defensa dos dereitos dos inmigrantes, contra o cambio climático, contra a guerra de Iraq, ou outros de diverso tipo.

Un dos problemas básicos da debilidade estrutural da esquerda estadounidense é que a clase obreira norteamericana, a diferenza da europea, non se reivindicou como clase emerxente que reclama para si o exercicio do poder democrático. Non asumiu que son os descamisados – como diría Alfonso Guerra – traizoados polos burgueses da Revolución Francesa e Norteamericana, que unha vez aupados esqueceron as súas promesas de igualdade, fraternidade e liberdade, defendendo a súa supremacía como clase dominante, tanto na política, como nas relacións económicas e sociais.

¿Cal sería entón a ubicación de Obama na tradición europea? ¿Un social liberal de moitos que comparten comigo militancia socialista? Pode. ¿Ou máis ben iso tan difuso e indefinido que se chama “centro político”? En España, iso chamábase “CDS”, ¿lembrades?

 

Así, dentro deste panorama, Obama representa un salto cualitativo, incluso fronte a Hillary Clinton. O problema dela (incluido o seu apoio á política de Israel) é que tamén é unha representante do status quo, da vella clase política necesitada dun cambio de programa, de renovación dos discursos e xeneracional. Pero, ¿o programa de Obama vai máis alá das vellas receitas dos liberais de esquerda? ¿Terá as mans libres, sen ataduras coas multinacionais que financian as campañas dos candidatos? ¿Cal sería a súa política para oriente medio e para Europa? ¿Será capaz de convencer e mobilizar á ampla clase traballadora americana apática, aos inmigrantes nacionalizados e aos sectores máis dinámicos das clases medias urbanas? Oxalá!

Quizais, por iso esperamos moito de Obama (o fracaso da esquerda norteamericana tamén é o noso fracaso). Quizais, por iso nos confundimos e nós tamén dicimos… Yes, we can!

Nota á marxe: Creo que nos gusta máis a campaña americana que a nosa. ¿E iso?

2 opinións sobre “Barack Obama: ¿o cambio en marcha?

  1. Ola gracias por leerme, a ver se nos coñecemos pronto. Para min Obama é de esquerdas porque é importante contextualizar, na política Americana actual é moi de esquerdas, outra cousa é que o vexamos cos nosos ollos, recorda que no 2004 os meus compañeiros de XSG e a maioria da xente decia que Zapatero era pouco de esquerdas, e decíao pola súa linguaxe de moderación, que non falaba cos tópicos de esquerdas etc.
    Recomendo leer a audacia da esperanza,o libro de Obama que está traducido ó español, nel fala de cousas como as campañas electorais, el propon que as eleccións sexan en fin de semana para promover o voto, sobre todo dos traballadores, e el négase a recibir financiación dos grupos de presión, eso fixo que moitos pensasen que non ía ter cartos, pero leva aportacións de xente con cheques pequenos, xa sobrepasou o medio millón de personas que lle aportan cartos, e o fundamental quere cambiar o modelo de financiación das campañas.
    Creo que ainda non ten gañado, máis, creo que o ten dificil, que Clinton sería unha boa presidenta, pero que non conseguiria o seguro médico (seguridade social) e Obama si, e sobre todo para o mundo para Africa por exemplo sería unha revolución, produciria unha revolucion democrática, a mesma que supuxeron os Kennedy, o que pasa é que a eles mataronnos, esperemos que a Obama non o maten.

  2. Espero que teñas razón, pero o aparato do Partido Demócrata pode acabar por afogar a Obama se rompe o status quo imperante, e sen unha organización detrás, aínda que fora Presidente tería os días contados. Para transformar as sociedades son necesarias grandes organizacións de masas, que logren implicar ao conxunto da sociedade, e ademais, é necesario unha tradición política cultural que nos USA, eu, a verdade descoñezo se existe.
    Mira os problemas que ten Chávez en Venezuela, non teñen tradición de esquerdas e desde logo nesta xeración sería un éxito se lograran enraizar unha cultura organizativa democrática e de participación, que non dependa da menor ou maior apatía da maioría da sociedade.
    En fin, ogallá teñas razón.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.