¿”El Jueves” símbolo da liberdade de expresión?

Hai unhas horas escoitaba na Radio Galega as declaracións do Fiscal Xeral do Estado, que anda hoxe por aquí. Defendía a actuación do Xuíz Del Olmo e a Fiscalía no secuestro da edición desta semana do satírico “El Jueves”.

¿Mobilizaríranse os poderes do Estado se foran xente normal as satirizadas? ¿Ou se fosen José Luis e Sonsoles? Probablemente non. Ademais, desde o PP estarían acusando ao Goberno de ataque á liberdade de expresión.

¡Censura Non!A verdade que hai tempo que xa non merco esta revista. Pero, lembro que “cousas peores” teñen publicado. Tamén, é certo que non había necesidade de poñerlle caras coñecidas a esta portada, mais creo que aquí hai quen lle está facendo un fraco favor á Casa Real. (Cando menos un fiscal torpe – se foi por propia iniciativa, algo que dubido – e un “xuíz estrela” pendente dos medios de comunicación).

O asunto é que levamos xa unha temporada na que algúns pretenden usar o Código Penal para converter en delito actitudes ou declaracións non afectos cunha forma conservadora de entendela vida e a “sagrada unidade de España”. O auto do xuíz Del Olmo, secuestrando a revista, parécese moito á aquelas pretensións da extrema dereita que hoxe controla a AVT, en contra de grupos musicais vascos, ou a Ángel Acebes empeñado en dar carnés de patriotismo barato.

Ademais, considerar unha determinada pose como “denigrante e obxectivamente infamante”, non é máis que unha consideración persoal. ¿Desde a Audiencia Nacional preguntáronlle aos aludidos sobre as súas prácticas íntimas? Non creo. E de aí dicir que é un ataque ao “prestixio da Coroa” é pasarse catro pobos.

A portada é necia, si. Pero, o xuíz Del Olmo causoulle máis dano á Coroa que unha revista que distribúe 70.000 exemplares, e que probablemente grazas a el, no seguinte número serán 700.000. Ademais, porqué “El Jueves” e non todos estes programas “rosas” que enchen a televisión con verdadeiros ataques infamantes contra as persoas. ¿Lembrades cando foi aquilo da noiva nórdica de Felipe? Os ataques que a Casa Real e os seus membros recibiron por parte da dereita rosamediática eran verdadeiro golpismo periodístico. ¿Entón, por que si “El Jueves”?

Se non fose que a Fiscalía anda por medio pensaría que alguén lle quere facer un favor ao PP desviando a atención da “Crise Josep Piqué”.

Unha recomendación: que desde a xudicatura deixen pasar as augas que non han beber. Non vaia ser que acaben convertendo a esta revista nun símbolo da liberdade de expresión. Ademais, cando menos temos dereito a nos rir da Monarquía xa que non a podemos votar / botar.

2 opinións sobre “¿”El Jueves” símbolo da liberdade de expresión?

  1. Manuel, coincido contigo en que a revista era minoritaria e dirixida a esa franxa da que nós (cando menos eu) na época de universidade usábamola para descargar tensión coas súas ironías. Con isto pasará durante unha tempada a aumentar a súa tirada. E nada máis. Escoitei que EL JUEVES, non hai moito tempo fixera unha recopilación de viñetas e historias sobre a FAMILIA editando un tomo especial,…. e non pasou nada.

    Terá que ver o que dís tí do tema Piqué?.

    Ai, ai, ai, en fín éche o que hai.

    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.