¿Cara a onde vai Rajoy?

O PP non atopa o seu sitioDesde o 14 de marzo de 2004 o PP non quere aceptalo resultado electoral, que lle dá o goberno a Zapatero. Utilizando a fondo todos os seus apoios territoriais, mediáticos, económicos, xudiciais, pretenden gobernar desde a oposición.

Coa manifestación do sábado 10 de Marzo queren darlle a volta ás manifestacións que colectaron polas mentiras e manipulacións que pretendían endosarlle os atentados integristas a ETA. Cren no PP que chegou o seu momento de encabezar unha rebelión contra o Goberno e as Institucións democráticas, que obrigue a unhas eleccións condicionadas pola crispación.

Indubidablemente, o PP logrou en Madrid mobilizar a unha parte moi importante dos seus militantes e votantes. Trescentas cincuenta mil persoas así o testemuñan, pero só iso. Fóra do seu entorno político máis radical a dereita española non logra convencer a ninguén.

Pero, o PP volve a cometer erros de vulto. Aínda que si é certo que lograron obviar nesta ocasión os símbolos franquistas – non así as consignas – a utilización partidaria e en exceso dos símbolos oficiais de España, que historicamente foron manipulados pola extrema dereita franquista lembra, outra vez, aos anos escuros que tanta preocupación e rechazo provocan na poboación española.

Por iso, estes símbolos oficiais en España estaban reducidos a actos institucionais e, por iso, non forman parte dos actos partidarios nin reivindicativos. Por se fora pouco, a data elixida, que en Galicia é desde a Transición unha data de loita antifranquista, a nivel estatal é o día previo á maior masacre terrorista da nosa Historia recente e que relacionan ao PP coa Guerra de Iraq e as mentiras e manipulacións do 11M, cuxo xuízo vense celebrando estes días e son un mazazo para a pouca credibilidade da dereita española. Grazas a unha política internacional irresponsable desenvolvida, no seu día, por Aznar seguimos sendo obxectivo do terrorismo fundamentalista.

Tiven ocasión de coñecer íntegro o manifesto de Rajoy para este día. A verdade que é un discurso simplón, maniqueo e apocalíptico para quen coma el participou en diversos Gobernos de España, e foi, tamén, responsable da aplicación de beneficios carcerarios e penais aos presos etarras. De Juana Chaos é unha simple desculpa para o presidente do PP.

Quizais, o máis lamentable está aínda no remate. A mención única a Miguel Ángel Blanco e Ortega Lara, obviando ás do 11M a un día do terceiro aniversario da masacre integrista, dá mostra do desprezo ás vítimas do terrorismo. Hai unha inhumana manipulación da dor e da imaxe pública dun colectivo, que está a provocar na sociedade española unha quebra emocional con respecto a estas. Só o PP e os seus vicarios dentro das diversas asociacións representativas das Vítimas do terrorismo son culpables das crecentes críticas cidadás por desenvolver un papel que non lles corresponde.

As vítimas do terrorismo, sexan estas de ETA, do franquismo ou dos grupos fundamentalistas do 11M, merecen todas respecto, recoñecemento e apoio institucional. E polo tanto, estar á marxe da loita política. Ninguén ten dereito a prostituír politicamente ás vítimas, non poden ser usadas para intentar condicionar e tutelar á Xustiza, á política antiterrorista, nin á democracia española. As vítimas son un patrimonio moral colectivo e punto.

Todo indica que Rajoy e a actual dirección do PP están nun camiño sen retorno, que van ao encontro da versión española de Jean Marie Le Pen. Acaban de saír do marco democrático para instalarse nas súas beiras. A súa idea excluínte e totalitaria de España así o indica.

A convocatoria de Rajoy é un desafío aos cidadáns. Certo é que as forzas de esquerdas e democráticas están desmobilizadas, pero tamén o estaban o 14M, e foron os cidadáns quen colocaron a todos eles no seu sitio.

Na lexislatura pasada foron os movementos sociais, os cidadáns, quen se manifestaron contra o “Prestige”, a Guerra de Iraq e as mentiras do 11M. Os que decidiron que o PP pasara á oposición. Rajoy convócanos de novo. Por nós que non quede, que sigan na oposición, porque está claro que o PP non atopa o seu sitio na democracia española.

En Español

3 opinións sobre “¿Cara a onde vai Rajoy?

  1. A oposición que está facendo o PP é tan descarada que nin siquera os seus militantes teñen argumentos para defendelos. Probei a solicitarlle a un amigo PPepero que de aducise razóns para un comportamento casi que salvaxe en democracia, e non foi quén de me contestar nin unha sola razón. Somentes dicen” Zapatero gañou as elección gracias ao atentado terrorista de Atocha.” E de ahí non saio daci ninguén me bota….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.