O número vinte da revista “Razón Socialista” xa está na rúa. Esta revista nacida en 1995, e que desde 1999 é editada pola Asociación Fuco Buxán, foi presentada este martes na Galería Sargadelos de Ferrol.
Este número céntrase na situación medio ambiental da ría de Ferrol, ante a grave ameaza que supón Reganosa, que pretende poñer a funcionar unha planta de gas no interior da nosa ría. A normativa europea obriga a este tipo de instalacións altamente perigosas a ubicarse, alomenos a dous quilómetros dos núcleos de poboación. Algo que incumpre (Mehá 100 mts, Ferrol 800 mts), e para máis inri está fronte á base naval da OTAN e do estaleiro militar de Navantia.
Tamén, este novo número ten varios artigos, desde diferentes perspectivas, sobre a situación da cidade de Ferrol.
Neste número vinte participan entre outros Santiago Carrillo, a Conselleira de Cultura Ánxela Bugallo, as escritoras Eva Veiga e Rosa Méndez, voceiros políticos como Iolanda Díaz (EU) ou Beatriz Sestayo (PSOE).
Así mesmo, participa, Enrique Castro, coordinador da Rede de Blogs Socialistas, o deputado Jordi Pedret, ou o fotógrafo Xosé Abad, etc.
Quen queira pode conseguir un exemplar dirixíndose á páxina da Asociación Fuco Buxán, na sección de enlaces.
A revista tamén aproveita a nova edición da Feira do Libro na cidade para achegarse aos seus lectores. Nos próximos días presentarase en diversos concellos da comarca.
En calquera caso, os que queirades nos podemos ver na Primeira Festa dos Socialistas de Ferrolterra, que hoxe celébrase no Pinar de Cabanas. Está organizada polas executivas comarcais do PSOE, UGT e as XSG. Parabéns a Iván Puentes por esta nova iniciativa.
¡Vémonos na festa!